O Concello de Valdoviño, ante a vacante no cargo de Xuíz de Paz Substituto na localidade, abre un prazo de quince días hábiles para que as persoas que teñan interese en aspirar ao mencionado cargo e reúnan as condicións legais o comuniquen a este Concello ou ao Decanato dos Xulgados de Ferrol (Rúa Coruña, número 55, baixo).
Enviado por Servizos Sociais a Mar, 26/11/2013 - 10:13
O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, volve a retomar os obradoiros de conciliación nas vacacións de Nadal. "Un Nadal Diferente" é un proxecto de actividades lúdico-educativas financiado pola Deputación da Coruña, dirixido a familias con nenos/as entre 3 e 12 anos con cargas laborais que precisen dunha alternativa ao coidado dos/das menores nas épocas vacacionais. Levaranse a cabo os días 23,24,26,27,30,31 de decembro e 2,3 e 7 de xaneiro na Casa da Cultura de 10 a 14 horas.
Enviado por Servizos Sociais a Lun, 25/11/2013 - 08:51
Teléfono da Muller
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
Valdoviño acolle os días 6 e 7 de decembro unha feira de artigos de artesanía, segunda man e productos do campo. Máis de 140 postos ofrecerán os seus produtos en horario de mañá e tarde.