"Soy Cappaz", app gratuita de axuda para persoas con discapacidade

Esta app foi creada para que as persoas con discapacidade intelectual sexan máis independentes, se despracen con seguridade, estén mellor comunicadas con titores e familiares e desenvolvan o seu traballo nunha contorna laboral normalizada.
 

Vagalume 2015/2016

O Concello de Valdoviño presenta o programa lúdico-educativo familiar na etapa preescolar, un espazo de encontro para familias con fillas/fillos entre os 0 e os 4 anos, que ten o obxectivo de compartir un tempo de calidade cos nenos e nenas a través de cancións, contos e diversas actividades.
 
Neste tempo, favorécese un ambiente agradábel onde manter contacto con outras familias e conversas grupais sobre cuestións relacionadas coa convivencia familiar e crianza infantil.
 

Obradoiro de horticultura doméstica

O Concello de Valdoviño organiza un obradoiro de horticultura doméstica de 15 horas de duración, os días 8, 9 e 10 de outubro, en horario de mañá e tarde.
 
Dirixido preferentemente a persoas de 16 a 35 anos, empadroadas en Valdoviño e en situación de desemprego, o obradoiro subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar.
 

Comezo do curso de preparación para obtención do graduado en ESO

O Concello de Valdoviño informa de que o martes 6 de outubro ás 10:00 horas dará comezo o curso de preparación para a obtención do graduado en ESO a través da Fundación ECCA, centro concertado da Consellería de Educación.

Dentro do grupo xa formado existen prazas vacantes, polo que as persoas interesadas aínda poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello para solicitar información. O grupo traballará durante dous dias á semana en horario de mañá.
 
Para máis información: 981487041-ext.5

Reunión para informar sobre o Curso de preparación para a obtención do graduado en ESO

Lembrar a todas aquelas persoas interesadas que hoxe ás 17:00 horas na Casa da Cultura celebrarase unha reunión informativa sobre as posibilidades de facer un grupo neste Concello para a preparación da obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria a través da Fundación ECCA, centro concertado da Consellería de Educación.

As expectativas serían formar un grupo interesado en asistir semanalmente (2/3 días á semana), 2/3 horas diarias en horario de mañá ou tarde (dependendo da demanda) a sesións formativas cun profesor grupal que guíe as sesións.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS