O Concello propón á veciñanza crear un álbum de imaxes antigas de Valdoviño

O Concello de Valdoviño propón un reto a veciñas e veciños en redes sociais neste tempo de confinamento obrigado polo coronavirus. Así, propón rebuscar nos caixóns da casa e compartir en facebook fotografías antigas do municipio. Cada día, cunha temática diferente. A fórmula é sinxela:
 
-Estar atentos á temática proposta no día polo Concello a través da súa páxina de Facebook
-Seleccionar as imaxes
-Subilas a Facebook e etiquetar ao Concello (@concellodevaldovino)
 

O Concello de Valdoviño levará a cabo unha desinfección diaria de instalacións municipais e locais comerciais

Tarefas de desinfección

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciou esta mañá unha campaña de desinfección de instalacións e vehículos municipais e establecementos comerciais e profesionais con atención presencial. Tarefas que desenvolve a empresa especializada INSA.
 
Iniciábanse nos vehículos de Policía Local, continuaban na casa consistorial e proseguían en establecementos comerciais (levaranse a cabo, entre outros, nas tres cooperativas con supermercado, farmacias, panaderías, comercios…).
 

O Concello de Valdoviño recollerá a domicilio as donacións particulares de material para servizos sociosanitarios

Campaña recollida material

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, fixo un chamamento á veciñanza e aos negocios locais para sumarse á donación de material dirixido aos servizos sanitarios e sociosanitarios co que afrontar a atención nesta situación de alerta, á espera de recibir máis recursos. Precisamente, o Concello entregaba onte á noite unha remesa de mascarillas no centro hospitalario de Ferrol e, dende hoxe, recollerá a domicilio as donacións realizadas pola cidadanía e trasladaraas ás instalacións sanitarias.
 

Aviso visitas cemiterios

O Obispado de Mondoñedo Ferrol vén de comunicar ao Concello de Valdoviño o peche provisional dos cemiterios do municipio ás visitas. A medida manterase vixente ata novo aviso
 

Servizos municipais de Valdoviño ante a situación de alerta

Servizos Municipais

Ante as restriccións á atención presencial, o Concello de Valdoviño lembra á veciñanza que pode realizar os seus trámites coa Administración local de forma telemática (sede.concellodevaldovino.com) e telefónica no 981 48 70 41. Así mesmo, o rexistro xeral abre de 9 a 14 horas (só para tramitacións estrictamente necesarias), lembrando que os prazos dos procedementos administrativos en curso están a día de hoxe suspendidos.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS