O Concello convida á veciñanza a participar nunha xornada informativa sobre o Xeoparque o vindeiro mércores na Casa da Cultura

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño acollerá o vindeiro mércores 13 de novembro unha xornada informativa sobre o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Será a partir das 18 horas e, a través da mesma, achegarase información sobre que é un xeoparque, os seus beneficios no territorio ou casos doutros proxectos, xa en funcionamento, nos que se están a desenvolver actividades de éxito. Aínda que a entrada é de balde requírese de inscrición previa, formalizando o seguinte cuestionario: bit.ly/XornadasXeoparqueCaboOrtegal.
 

O Concello abre a inscrición nuns cursos de manexo do móbil e do ordeador dirixido preferentemente a mulleres maiores de 55

No marco do programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «Somos e Contamos», o Concello de Valdoviño vén de anunciar a convocatoria de dúas accións formativas centradas nas novas tecnoloxías e dirixidas preferentemente a mulleres maiores de 55 anos, aínda que abertas a todo o mundo. Trátase dos cursos «Toma de contacto co computador» e «Manexo do teléfono móbil ou smartphone». A inscrición está aberta no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.

O Concello de Valdoviño abre a inscrición nos obradoiros de musicoterapia nas parroquias para persoas maiores de 55 anos

Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño retoma os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. E farao levando as sesións cada semana ás diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa. Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.
 

AVISO RECOLLIDA LIXO

FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo en Valdoviño, comunicou ao Concello que mañá martes 5 de novembro non se prestará o servizo en virtude do convenio colectivo do sector, que establece como patrón da actividade e festivo o día de San Martiño de Porres. O Concello pide de antemán desculpas polas molestias que a medida poida ocasionar.

O Concello contrata a redacción da modificación puntual do planeamento para ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico

Ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico, como campings e infraestruturas para autocaravanas, e dar maior seguridade xurídica a estas instalacións levou ao Concello de Valdoviño a contratar un estudo para a redacción da modificación puntual do planeamento. Así o explicou o alcalde, Alberto González, para informar a renglón seguido da adxudicación dese estudo. Os resultados darán pé a esa modificación necesaria que deberá seguir, a partir de entón, a tramitación administrativa correspondente.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS