O Concello suma dous aparcadoiros e reabre un terceiro na Frouxeira para adaptarse aos novos aforos marcados o sábado pola Xunta

O Concello de Valdoviño puxo hoxe en servizo dúas novas zonas de estacionamento con capacidade conxunta para uns 100 vehículos e reabriu unha terceira para outros 200 nas inmediacións da praia e lagoa da Frouxeira. Unha medida que responde ás novas indicacións, en materia de aforo, marcadas pola Xunta de Galicia e publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado sábado, no que se reduce de 4 a 3 metros cadrados o espazo por persoa nas praias, ampliando deste xeito o número permitido de usuarios e usuarias.

O Concello abre o prazo para solicitar a bonificación no recibo pola recollida do lixo

Concello de Valdoviño

Empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade, ou mermada a súa actividade ou produción nun 70% a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19, poderán solicitar a partir de mañá, 1 de xullo, e ata o día 10 do mesmo mes, unha exención do pago da tasa do servizo de recollida do lixo por ese espazo de tempo.

Retómanse os traballos de mellora da mobilidade na intersección de baixada á praia da Frouxeira

Obras

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que a Deputación provincial da Coruña retomou hoxe os traballos de mellora da intersección de baixada á praia da Frouxeira (cruce con Avenida Areeiros e Couce Casas). A intervención comezaba a primeiros de marzo, pero víase interrompida pola declaración do estado de alarma.
A actuación contempla a ampliación do ancho da calzada para facilitar a mobilidade na intersección e o acondicionamento da beirarrúa.
 

O Concello retoma a programación cultural cunha sesión de títeres na Frouxeira e cine ao aire libre en Meirás

Vacacións no mar

O Concello de Valdoviño retoma a programación cultural e faino con dous espectáculos ao aire libre dirixidos a un público familiar. O primeiro deles terá lugar este domingo, 5 de xullo, a partir das 19,30 horas no parque da praia da Frouxeira. Alí, a compañía Mircromina Títeres representará a súa obra «Vacacións no mar» . A seguinte cita celebrarase o xoves 9 de xullo, a partir das 22,45 horas no campo da festa de Meirás. Este espazo converterase nunha sala de cine ao aire libre para acoller a proxección do filme «O Bosque Animado».

Concello e CPI Atios conmemoran o Día da Diversidade Sexual creando nos muros do centro un mural multicor

Mural no CPI Atios

O Concello de Valdoviño, en colaboración co CPI Atios, adiantouse á conmemoración, este domingo, do Día da Diversidade Sexual, cunha fermosa iniciativa na que participou unha representación do alumnado e o pintor afincado no municipio Manuel Carballeira. A primeira hora da mañá, sacaban os pinceis e os botes de pintura e comezaban a elaborar un mural coa bandeira multicor nun dos muros do centro educativo.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS