O Concello adecenta o espazo que acollía a valla publicitaria da Porta do Sol

O Concello vén de realizar unha pequena intervención de mellora no aparcadoiro da Porta do Sol, anexo á Oficina de Turismo. Uns traballos que veñen precedidos da retirada da valla publicitaria existente no lugar por motivos de seguridade. A actuación, que levaron a cabo operarios municipais e tivo custe cero para as arcas locais, buscaba adecentar este espazo, ata a data foco de concentración de residuos.

O Concello prevé aforrar 10.000 euros anuais coa adquisición de casetas de socorrismo e aseos móbiles para os areais

Recreación aseo adaptado

O Concello de Valdoviño informa de que a Xunta de Goberno Local proporá a adxudicación á empresa CIMBRA CONTRACTS SL do contrato para o subministro e instalación de casetas que den servizo aos socorristas e máis aseos portátiles. Infraestruturas que se emprazarán naquelas praias do municipio que carecen de instalacións permanentes e, segundo explicou o alcalde, Alberto González, con esta iniciativa o Concello evitará cada verán o correspondente desembolso polo aluguer destas instalacións, estimado nuns 10.000 euros anuais.
 

O Concello abre o prazo de presentación de ofertas para optar ao contrato do Servizo de Axuda no Fogar para os próximos 4 anos

Servizo Axuda no Fogar

Continúa o proceso de contratación do Servizo de Axuda no Fogar en Valdoviño. A primeiros de marzo, o pleno daba luz verde aos pregos e, no día de onte, o Concello publicaba o anuncio de contratación na plataforma do Estado (https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/473820e5-b66d-426b-8654-1318467de959/DOC_CN2020-920759.pdf?MOD=AJPERES), abrindo así o prazo de presentación de ofertas.

A Mancomunidade reelaborará o proxecto de promoción turística subvencionado pola Deputación para tratar de que repercuta máis directamente nas empresas locais

Reunión telemática

Os representantes municipais na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol participaron hoxe nunha reunión telemática na que analizaron a reorientación do proxecto de promoción turística do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, para o que a Deputación acaba de conceder, de xeito provisional, unha subvención de 120.000 euros.

O Concello habilita prazas de aparcamento reservado para persoas con diversidade funcional na entrada á praia da Frouxeira

Traballos de pintado

As persoas con diversidade funcional contan dende hoxe con prazas de estacionamento reservado a escasos metros da praia da Frouxeira. Tras a aprobación en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico, o Concello vén de habilitalas na zona contigua á rotonda de entrada ao areal.
 
Dá así resposta ás demandas trasladadas por diferentes asociacións do ámbito sociosanitario nas xuntanzas mantidas co goberno municipal. Deste xeito, facilitarase ás persoas con mobilidade reducida o acceso ao areal e paseo da Frouxeira. 
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS