O Concello de Valdoviño mellorará o acceso e peche do local social de Vilaboa

As obras de mellora nos locais sociais de Valdoviño impulsadas polo Concello continuarán na parroquia de Vilaboa. Así, o alcalde, Alberto González, avanzaba que, a instancias da veciñanza, o Concello procederá á mellora do acceso e acondicionamento do peche do inmoble, antiga escola unitaria. Será con cargo ao POS Complementario 2019, e a intervención financiarase conxuntamente coa remodelación do antigo palco da música de Loira. En suma, un investimento superior aos 100.000 euros.
 

A veciñanza pode recoller gratuitamente os calendarios municipais do 2020 na casa consistorial e na casa da cultura

Acto celebrado na Casa da Cultura

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a veciñanza pode recoller gratuítamente o seu calendario municipal para o 2020 tanto na casa consistorial como na casa da cultura. A publicación, que foi presentada no día de onte nun acto público, tamén se distribuirá entre as entidades veciñais e culturais e as cooperativas do municipio. En total, o Concello editou 3.000 exemplares.
 

Aprobación provisional da ordenanza da taxa por expedición de documentos administrativos

Vén de publicarse o anuncio da aprobación provisional da ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Valdoviño. O expediente sométese a información pública por 30 días, a partir da súa publicación no BOP.

A Casa da Cultura acolle este domingo a presentación oficial do Calendario 2020

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 22 de decembro a presentación oficial do calendario municipal para o 2020. Un acto que dará comezo ás 19 horas con entrada de balde e un calendario moi especial, xa que se elaborou coas imaxes presentadas pola veciñanza á convocatoria aberta polo Concello. Así, este ano ilustrarán os diferentes meses fotografías de Cristina Freire, Esperanza Vázquez, Inés González, Gustavo Lamas, Jacobo Núñez, María Aneiros, Mario Rodríguez, Álvaro Núñez, Carlota Montero, Alberto Valero e María Hermitas Couce.
 

O Concello abre a inscrición online no programa municipal Xoga en Nadal

O Concello de Valdoviño vén de habilitar a inscrición online no programa municipal Xoga en Nadal. Así o avanzou esta mañá o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, para animar ás familias a apuntarse na iniciativa, con custe cero. Poden facelo a través do enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScpk_HMj2GrZyiWd8JjOYEpdsA5Ga3pf6z7aLSLPZ7JYVUe3A/viewform?usp=sf_link e, a partir de aí, o Concello confirmará a inscrición a través dun email.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS