Cine nocturno ao aire libre este xoves na praza da Casa da Cultura de Valdoviño

O Concello de Valdoviño inaugura este xoves un ciclo de cine ao aire libre. Será coa proxección do filme galego “A praia dos afogados”. O pase, con entrada libre, celebrarase na praza da Casa da Cultura a partir das 22,30 horas. Así mesmo, o ciclo continuará todos os xoves do mes de xullo e, tamén, en agosto. Neste novo proxecto cultural, o Concello conta coa colaboración da Deputación provincial, no marco da Rede Cultural.
 

A Deputación aproba un investimento de 175.398,05 euros para a construción dunha rotonda que facilitará o acceso dos autores ó CPI Atios

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade un investimento de 175.398,05 euros para a construción dunha nova rotonda no punto quilométrico 0+675 da estrada DP 2502 que mellorará a perigosa intersección existente neste punto e facilitará as manobras de cambio de sentido dos numerosos autobuses que realizan o transporte escolar do alumnado do CPI de Atios, situado na marxe esquerda do vial e no que cursan estudos máis de 500 rapaces do municipio.
 

“Escenarios Paralelos” regresa a Valdoviño este domingo cun recital de contos clásicos para toda a familia no adro da Capela das Neves

Escenarios Paralelos en Faro de Punta Frouxeira

O Concello de Valdoviño reedita este ano o programa cultural “Escenarios Paralelos”. Un proxecto que, segundo explica a concelleira de Cultura, Rosana García, busca descentralizar as actividades culturais cara as diferentes parroquias do municipio, dar a coñecer o patrimonio cultural e natural a veciños e visitantes e poñelo en valor. Inaugurarase este domingo, 2 de xullo, e terá como “escenario paralelo” o atrio da Capela das Neves, en Aviño –parroquia de Valdoviño-.

As persoas maiores de Pantín despiden por este curso o programa “+Vida”

Máis Vida en Pantín

O local social de Pantín despedía onte o programa “+Vida”, no que tomaban parte unha veintena de veciños e veciñas maiores do municipio, especialmente da parroquia. Asistía o alcalde, Alberto González, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosana García, quenes confían en reeditar o proxecto o vindeiro curso tras o éxito de participación rexistrado e máis tendo en conta que era a primeira vez que se levaba a cabo.
 

I Exhibición de Patinaxe Artístico este venres no pavillón municipal do Longoiro

O pavillón municipal do Longoiro, na parroquia de Meirás, será escenario mañá venres, 30 de xuño, da primeira edición da Exhibición de Patinaxe Artístico. Dará comezo ás 16,30 horas, con entrada de balde, e prolongarase ata as 18,30 aproximadamente. A cita está organizada polo Club Inercia, en colaboración co Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes.
 
Na mesma, os nenos e nenas que tomaron parte nas clases que leva a cabo durante o curso o Club Inercia, na parroquia naronesa de Castro, amosarán a súa técnica tanto en actuacións individuais como grupais. 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS