Campaña de verán 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
 
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

Adxudicado o acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube

A Xunta de Goberno Local acordou a adxudicación da obra de "Acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube", incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS 2013).
 
O orzamento da obra é de 82.198,93 euros e ten un prazo de execución de 21 días naturais.
 
Toda a información sobre este procedemento está no perfil de contratante da web: Acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube (POS 2013).

Contratación obra Camiño Montefaro (Meirás) e outros

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño en sesión do 26 de febrero de 2014, acordou o inicio do expediente de contratación da obra incluída no Plan de Mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014: “CAMIÑO MONTEFARO (PRIMEIRA ESQUERDA Ó PASAR COPAGRO) (MEIRÁS) E OUTROS".
 
A documentación técnica (proxecto obra) atopase nas oficinas municipais e no apartado correspondente da web: Contratación obra Camiño Montefaro (Meirás) e outros.
 

Musicoterapia para maiores de 55 anos

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola deputación da Coruña, o concello de Valdoviño pon en marcha uns obradoiros de Musicoterapia, dirixido a persoas de máis de 55 anos.
 
A musicoterapia é unha ferramenta terapéutica que se sirve da música, os sons e as vibracións para optimizar as canles de comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, dende unha perspectiva preventiva e rehabilitadota, co fin de mellorar a nosa calidade de vida.
 

Programación cultural de marzo

Programación cultural de marzo

O Entroido sobresae na programación cultural do Concello para marzo. O mes ábrese co Festival infantil e continúa o día 7 co desfile dos alumnos do CPI Atios. Finalmente, o sábado 8 terá lugar a XIV edición do Festival de Entroido.
 
Outro evento importante neste mes será a celebración do Día da Muller, o día 22, cun festival que estará seguido dunha cea organizada polas asociacións municipais.
 
Ademais marzo chega con teatro, contacontos, unha nova sesión do feirón mensual e unha andada dende o Paraño pola costa ata Pantín.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS