Enviado por Servizos Sociais a Mar, 06/05/2014 - 08:42
Programas:
Programa de estancias balnearias 6 días/5 noites (persoas maiores de 50 anos)
Programa de tratamentos termais (persoas maiores de 50 anos)
Programa de Cultura Termal. Fin de semana (persoas maiores de 18 anos)
Balnearios: Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias -Caldaria, Lobios-Caldaria.
Para máis información e consultas de modalidades e prezos: Dpto. Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
Prazo: todo o ano, a partir do 25 de Abril
A web do Concello de Valdoviño amplía os seus servizos, coa posta en marcha da Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Este novo espazo está dispoñible na ligazón sede.concellodevaldovino.com.
Enviado por Servizos Sociais a Ven, 25/04/2014 - 11:47
Ata o 25 de maio está aberto o prazo de solicitude do Cheque Infantil. As condicións poden atoparse no apartado correspondente á convocatoria: Cheque infantil.
Enviado por Servizos Sociais a Lun, 07/04/2014 - 12:07
O Concello de Valdoviño poñerá en marcha de novo o programa “Concilia”, un programa destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral para as familias en períodos vacacionais. Desta vez disfrutarase dos días festivos a través duns Talleres Creativos a cargo de “Mundo Piruleta”: Contos, música, teatro, cociña, maxia son algunhas das actividades nas que nenos e nenas poderán disfrutar e aprender, ao tempo que traballan, entre outros valores, a igualdade e a coeducación.