Informa aos veciños de Valdoviño de que dende o martes día 20 de maio de 2014 a nova oficina do Servizo estará situada no seguinte enderezo: Gándara S/N Edif. Multiservicios (Antigo Mercado), 15552 Valdoviño. Mantendo o habitual horario de atención ao público: martes e xoves de 11:30 a 13:30 horas.
Este venres 23, ás 18:30 horas, terá lugar a representación do espectáculo "Xigantes", posto en escea pola compañía de Miro Magariños e dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos.
A Casa da Cultura acollerá esta obra, baseada nun conto de Xoan Babarro e Ana María Fernández, con oito cancións con música composta especialmente para esta montaxe.
A obra conta como un mestre carpinteiro e o seu axudante, Pucho, tentan comezar a xornada de traballo escoitando a radio… claro que cada quen na súa emisora favorita….
A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria que celebrou no día 07 de maio de 2014, adoptou acordo de adxudicar a obra do Programa de Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar denominada: “CAMIÑO MONTEFARO-1ª ESQUERDA AO PASAR COPAGRO (MEIRÁS) E OUTROS”.
O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle este mércores 14, ás 09:30 horas, a celebración da sesión extraordinaria urxente do Pleno Municipal que tratará a aprobación da participación do Concello no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña.