A Policía Local recibe unha moto

A Xunta de Galicia entregou este luns unha motocicleta para uso da Policía Local de Valdoviño.
 
O alcalde, Alberto González, e o xefe da Policía, Ramón Bacorelle, acudiron ao acto de entrega, celebrado no edificio da Xunta na Coruña.
 

Campaña de esquí 2016

Ponse en marcha unha nova edición da campaña de esquí da Deputación da Coruña, destinada a rapaces nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.
 
A campaña terá lugar na estación invernal de Leitariegos entre os días 14 e 19 de febreiro e ten unha cota de participación de 95 euros.
 
Preinscricións ata o 22 de xaneiro na Casa da Cultura (de luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00 e as 16:00 e 19:00 horas).

Concurso de fotografía: xaneiro

Os interesados en participar no Certame de fotografía Calendario de Valdoviño 2017 poden enviar imaxes para participar nos dous primeiros meses a concurso.
 
A imaxe corresponde ao mes de decembro pódese presentar ata este domingo 10 de xaneiro, debendo cumprir unha destas dúas premisas:

Memoria "Emerxendo V"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais e co financiamento da Deputación da Coruña levou a cabo durante o ano 2015, dentro do programa Emerxendo V, unha serie de accións co obxectivo de promover a inserción e previr situacións de exclusión social.

Cabalgata de Reis

A cabalgata dos Reis Magos pasará por Valdoviño este martes 5, con saída dende a Casa do Concello ás 18:30 horas e recepción na Casa da Cultura a partir das 19:00 horas.
 
Compre salientar que os caramelos e outros produtos repartidos polos Reis Magos son aptos para celíacos.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS