Mesa redonda sobre o xeoparque do Cabo Ortegal

O Auditorio Municipal de Valdoviño acollerá o luns 27, a partir das 17:00 horas, unha mesa redonda sobre o proxecto de creación do xeoparque do Cabo Ortegal.
 
A mesa redonda dividirase en dúas partes, unha primeira na que os diferentes poñentes farán unha breve exposición de aspectos importantes do proxecto e unha segunda parte aberta á participación do público para aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
 

Ampliación prazo inscrición accións formativas Rede Xiana2

Por falta de alumnado suficiente, retrásase o inicio das seguintes accións formativas:
- Comercialización e Venta electrónica
- Xerente de empresas de economía social
Así mesmo, amplíase o prazo de inscrición ata o xoves 30 de abril de 2015
Lugar de imparticion: San Sadurniño
Información e inscricións: Departamento de Servizos Socias Comunitarios do Concello de Valdoviño

Abril, mes dos libros

Abril, mes dos libros

Formación Proxecto Rede Xiana II

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, a través do proxecto Rede Xiana II, abre un proceso de captación de alumnado extraordinario (urxente) para as seguintes accións formativas que estaban pendentes de realizar:
- Comercialización e venda electrónica (30 horas) Abril 2015 en San Sadurniño
- Xerente de empresas de economía social (116 horas) Abril - Maio 2015 en San Sadurniño

Vagalume 2014-2015

O Programa Vagalume, programa de educación familiar na etapa preescolar, está facer os preparativos para o peche deste curso. Numerosas actividades darán por finalizado o programa. Ver adxunto.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS