Colaboración cultural entre concellos

Representantes políticos e técnicos de Cultura dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, San Sadurniño, Cerdido e Moeche reuníronse este venres en Cedeira para valorar a posibilidade de levar a cabo proxectos conxuntos e diversas colaboracións nesa área.
 
Logo dunha primeira toma de contacto positiva, estes concellos da comarca continuarán a traballar na concreción de propostas comúns que permitan dar mellores servizos aforrando custos.

Bando: Consulta do censo electoral

A alcaldesa accidental de Valdoviño, Rosa Ana García, vén de publicar un bando (Bandos) no que informa da posta a disposición pública do censo electoral do Concello. O prazo de consulta vai do 2 ao 9 de novembro (inclusive), nas oficinas municipais, Negociado de Estatística.
 
Para máis información hai un teléfono de chamada gratuíta: 901 101 900.

Liga galega de tiro con arco

Cartel da competición

A liga galega de tiro con arco 2015 dispútase en Valdoviño. O pavillón municipal do Longoiro abre este sábado 31 de outubro as competicións, con entrada de balde.
 
As probas en modalidade de arco recurvo comezarán as 17:00 horas e continuarán os días 14 de novembre e 12 de decembro (a gran final).

Valdoviño, escenario de cine

Foto: Juan Luis Rúa

O entorno da capela do Porto foi estes días escenario da rodaxe do filme Sol y Luna, unha coprodución hispanodominicana dirixida por Jose Enrique Pintor e protagonizada por Frank Perozo e Nerea Barros.
 
A mesma zona de Meirás foi tamén protagonista a semana pasada da rodaxe dun capítulo da serie Hospital Real (Televisión de Galicia).
 

Valdoviño e Cerdido, exemplo de colaboración entre administracións

A alcaldesa en funcións de Valdoviño, Rosa Ana García, e o alcalde de Cerdido, Benigno Galego, veñen de suscribir un convenio de colaboración entre ambas as dúas administracións para compartir os servizos do arquitecto municipal.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS