O Concello apoia a presentación do Pantín Classic 2016

O alcalde e as concelleiras responsables da área de Turismo desprazaronse a Madrid para participar na presentación da 29ª edición do Pantín Classic, que tivo lugar na Feira Internacional de Turismo (FITUR).
 

O domingo, teatro: "Selfie"

Dentro da programación cultural deste mes de xaneiro, este domingo 24 (19:00h) haberá teatro no Auditorio Municipal de Valdoviño.
 
A compañía Oquetiqueiras representa "Selfie", unha obra con entrada de balde e recomendada a partir de 7 anos. Interpretada por Belén González, Gonso Fernández e Ana Alonso, baixo a dirección de Luís Ramos.

Guia de recursos para as familias 2015 - Xunta de Galicia

No seguinte enlace poden consultar a guía de recursos para as familias 2015 publicada pola Consellería de Política Social. 
http://traballo.xunta.es/publicacions-recursos?content=/Traballo/Contido...  
 
 

A Policía Local recibe unha moto

Acto de entrega

A Xunta de Galicia entregou este luns unha motocicleta para uso da Policía Local de Valdoviño.
 
O alcalde, Alberto González, e o xefe da Policía, Ramón Bacorelle, acudiron ao acto de entrega, celebrado no edificio da Xunta na Coruña.
 

Campaña de esquí 2016

Ponse en marcha unha nova edición da campaña de esquí da Deputación da Coruña, destinada a rapaces nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.
 
A campaña terá lugar na estación invernal de Leitariegos entre os días 14 e 19 de febreiro e ten unha cota de participación de 95 euros.
 
Preinscricións ata o 22 de xaneiro na Casa da Cultura (de luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00 e as 16:00 e 19:00 horas).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS