Campaña de vela 2014

Desde o 2 de xuño está aberto o prazo para se apuntaren á campaña de vela da Deputación da Coruña (Iniciación á navegación a vela).

Musicoterapia - Programa de Envellecemento Activo "Envellecemento Cero II"

Musicoterapia
Musicoterapia

O curso de Musicoterapia (impartido pola Asociación AFAL-Ferrolterra), incluido dentro do Programa de Envellecemento Activo para o exercizo 2013, financiado pola Deputación da Coruña, pechará ás súas portas este 19 de xuño. Esta actividade da por finalizado o Programa na súa 2ª edición. Actividades como TAICHI, Risoterapia, Obradoiro de Sexualidade na Madurez, Stretching/Pilates, estimulación cognitiva... permitiron durante este curso dinamizar e activar a todas aquelas persoas maiores de 55 anos que decidiron participar.
 

Nova oficina do Servizo Municipal de Augas

Servizo Municipal de Augas de Valdoviño
 
Informa aos veciños de Valdoviño de que dende o martes día 20 de maio de 2014 a nova oficina do Servizo estará situada no seguinte enderezo: Gándara S/N Edif. Multiservicios (Antigo Mercado), 15552 Valdoviño. Mantendo o habitual horario de atención ao público: martes e xoves de 11:30 a 13:30 horas.
 

"Xigantes", de Miro Magariños, chega á Casa da Cultura

Este venres 23, ás 18:30 horas, terá lugar a representación do espectáculo "Xigantes", posto en escea pola compañía de Miro Magariños e dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos.
 

A Casa da Cultura acollerá esta obra, baseada nun conto de Xoan Babarro e Ana María Fernández, con oito cancións con música composta especialmente para esta montaxe.
 

A obra conta como un mestre carpinteiro e o seu axudante, Pucho, tentan comezar a xornada de traballo escoitando a radio… claro que cada quen na súa emisora favorita….

 

Adxudicación da obra "Camiño Montefaro e outros"

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria que celebrou no día 07 de maio de 2014, adoptou acordo de adxudicar a obra do Programa de Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar denominada: “CAMIÑO MONTEFARO-1ª ESQUERDA AO PASAR COPAGRO (MEIRÁS) E OUTROS”.
 
Toda a información sobre esta adxudicación está dispoñible no perfil de contratante da web: Contratación obra Camiño Montefaro (Meirás) e outros.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS