Curso de Fruticultura (Rede Xiana2)

Curso de AGAF0108 Fruticultura (RD 1228/2006, de 27 de outubro, BOE de 3 de xaneiro de 2007)
Lugar: Cerdido
Duración: 880 horas

Participación veciñal no PXOM

O Concello de Valdoviño quere contar coa participación de toda a veciñanza na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM). Con este obxecto ábrese un período de recepción de suxestións.
 
Os veciños poderán enviar os seus comentarios durante un prazo dun mes, acabado o cal o equipo redactor do Plan estudiará as propostas presentadas e incorporará no documento aquelas que se consideren viables. É importante subliñar que se trata dun período de propostas de mellora do PXOM, non de alegacións particulares, fase que terá o seu tempo máis adiante.

Aprobacións no Pleno Municipal

O Pleno aprobou por unanimidade a proposta do Grupo de Goberno de destinar o importe do Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación 2016 á redución da débeda municipal. A aplicación dos 209.073 euros cos que a Deputación dota o PAI para Valdoviño permitirá disminuír a débeda e a amortización dos préstamos a ela vinculado.
 
Ademais, na sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro aprobouse a proposta do Grupo de Goberno de incorporarse ao novo grupo de acción que sustituirá a Costa Noroeste, coa finalidade de xestionar os fondos europeos FEDER.

Premio para os FrouxiMakers do CPI Atios

O equipo FrouxiMakers

O Concello de Valdoviño da a súa noraboa ao equipo FrouxiMakers do CPI Atios, que este sábado gañou o premio ao mellor proxecto científico na First Lego League (FLL) que se celebrou na Facultade de Informática da Coruña, e á súa vez foi seleccionado como representante galego para a selección nacional do premio Global Innovations Award.
 

Posta en marcha do Portal de transparencia

O Concello de Valdoviño, en cumprimento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, pon en marcha a través da súa sede electrónica o Portal de transparencia, que favorece o acceso á información pública, consolidando así os dereitos dos cidadáns ao dotarlles dun sistema de control, coñecemento e vixilancia sobre a súa actividade e a dos seus entes dependentes.
 
Ligazón de acceso: Portal de transparencia.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS