Bases do Festival de comparsas do Entroido

Nos arquivos adxuntos está dispoñible a documentación que rexe o Festival de comparsas do Entroido, a celebrar o 13 de febreiro, as 17:30 horas.

O Concello apoia a presentación do Pantín Classic 2016

O Concello na presentación do Pantín Classic
O Concello na presentación do Pantín Classic

O alcalde e as concelleiras responsables da área de Turismo desprazaronse a Madrid para participar na presentación da 29ª edición do Pantín Classic, que tivo lugar na Feira Internacional de Turismo (FITUR).
 

O domingo, teatro: "Selfie"

Dentro da programación cultural deste mes de xaneiro, este domingo 24 (19:00h) haberá teatro no Auditorio Municipal de Valdoviño.
 
A compañía Oquetiqueiras representa "Selfie", unha obra con entrada de balde e recomendada a partir de 7 anos. Interpretada por Belén González, Gonso Fernández e Ana Alonso, baixo a dirección de Luís Ramos.

Guia de recursos para as familias 2015 - Xunta de Galicia

No seguinte enlace poden consultar a guía de recursos para as familias 2015 publicada pola Consellería de Política Social. 
http://traballo.xunta.es/publicacions-recursos?content=/Traballo/Contido...  
 
 

A Policía Local recibe unha moto

Acto de entrega

A Xunta de Galicia entregou este luns unha motocicleta para uso da Policía Local de Valdoviño.
 
O alcalde, Alberto González, e o xefe da Policía, Ramón Bacorelle, acudiron ao acto de entrega, celebrado no edificio da Xunta na Coruña.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS