O Concello recepciona a obra do Moucho

O Concello de Valdoviño recepcionou a obra do Moucho, unha actuación financiada pola Deputación da Coruña cuns 31.000 euros, que finaliza o abastecemento e saneamento deste espazo.
 
A obra complétase co recubrimento da cuneta nunha marxe, para mellorar a seguridade peonil.
 

Stop vespa velutina

Cartaz velutina

As velutinas representan un problema importante para todos, xa que devoran insectos beneficiosos que garanten a biodiversidade, acaban coa froita e representan un risco serio para as persoas. Unha campaña intensa de trampeo na primavera reduce o número de niños ata un 75%.
 
A Asociación Galega de Apicultura pide a participación de todos, poñendo na horta ou xardín un par de trampas colgadas das árbores en flor, como camelias e frutais, xa que é alí onde van buscar alimento.

Consulta do censo electoral

O alcalde de Valdoviño vén de publicar un bando no que fai saber que:
 
"En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de marzo, o Concello porá a disposición pública a consulta do censo electoral deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 9 ao 16 de maio inclusive, podendo dentro de dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.

Valdoviño mantén as cinco bandeiras azuis

Valdoviño manterá un ano máis a Bandeira Azul en cinco das praias municipais, logo de que ADEAC anunciase este xoves 5 de maio a listaxe de areais e portos galardoados coa Bandeira Azul en 2016.
 
Un recoñecemento, entroutros aspectos, á calidade das augas, aos servizos de salvamento ou á accesibilidade e comunicación das praias do concello.
 

Taller de danzas do mundo

O Concello de Valdoviño organiza un taller de danzas do mundo, dirixido a persoas de 18 anos en adiante.
 
Este obradoiro impartirase durante todo o ano, un día á semana, con horario de mañá durante o verán e de tarde durante o resto do ano. Terá lugar na Casa da Cultura e será de xeito gratuíto, con prazas limitadas.
 
Os interesados en preinscribirse, poden facelo chamando ao número 981 487 666 (Casa da Cultura).

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS