Charla informativa sobre a vespa velutina

Ás oito da tarde deste martes 24 terá lugar unha charla informativa sobre a vespa velutina na Casa da Cultura de Valdoviño.
 
A sesión está organizada polo Concello de Valdoviño e a sección de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura.

Amistade Meirás, campión da Copa Ferrolterra infantil

O Concello de Valdoviño quere felicitar ao Amistade Meirás Infantil A, que este martes se proclamou campión da Copa Ferrolterra, tras vencer na final disputada no campo da Gándara ao SCDR Ánimas por 3 goles a 2.
 
Por outra banda, lembramos que a vindeira semana terá lugar o torneo convivencia organizado polo Meirás C.F. en categoría alevín. Un total de 32 equipos de toda a comarca participarán nas xornadas, que se celebrarán o venres 27, o sábado 28 e o domingo 29.
 
O calendario completo está dispoñible no arquivo adxunto.

Xornada de divulgación "Mares de oportunidades"

Cartel da xornada

A Casa do Concello de Valdoviño acolle ás 17:00 horas deste xoves 19 a xornada de divulgación "Mares de oportunidades para o desenvolvemento sostible dos pobos pesqueiros da Mariña-Ortegal".
 
Este evento inclúese nas Xornadas de divulgación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro 2014-2020.

Celebración das Letras Galegas

Este domingo terá lugar un acto de celebración do Día das Letras Galegas, coas corais Lembranzas da Terra (Valdoviño) e Alecrín (Brión-Ferrol) e o grupo musical Xardín desordenado, co concerto "Manuel María entre amigos". 

Previsión inicio Curso Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais

O concello de Valdoviño, coa colaboración da Deputación da Coruña, ten previsión de poñer en marcha próximamente a súa I Edición do curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais"
Programa formativo teórico : 370 horas lectivas.
Programa formativo práctico en residencias : 80 horas.
Lugar: instalación cedida polo Concello de Cerdido (Escola da Avispeira). Aula de teoría e aula de prácticas.
Límite persoas participantes: 20 persoas (por orde de inscrición)

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS