Valdoviño participa na fase de suxerencias ao documento do PXOM con case 200 propostas

Un total de 191 escritos foron entregados no Concello con diversas suxerencias para contribuír na elaboración do planeamento, tanto por parte de particulares coma empresas, entidades cooperativas ou incluso o Colexio de Arquitectos de Galicia, quen valora moi positivamente esta iniciativa do goberno local, onde a participación e a peza clave para unha proposta aberta e transparente.
 
Por parroquias, Meirás recolle 45 propostas, Valdoviño 35, Lago 32, Sequeiro 21, Pantín 19 Vilarrube 14 e Loira 13. Asemade recolléronse outras suxerencias que aluden a todo o Concello.

Programa Envellecemento Activo 2016

Musicoterapia
Memoria dun século

Dende os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais vanse poñer en marcha novas actividades dentro do Programa de Envellecemento Activo financiado pola Deputación da Coruña "Envellecemento Cero".
 
As actividades van dirixidas a persoas maiores de 55 anos residentes no Concello de Valdoviño (calquera que sexa a parroquia). As actividades son gratuitas.
 

Reunión de traballo sobre as praias do concello

O Xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia desprazouse este mércores a Valdoviño para manter unha reunión de traballo sobre o estado das praias do noso concello.
 
O arranxo dos accesos a Campelo, O Porto ou Marnela e as necesidades de servimos en Baleo ou Vilarrube foron algúns dos temas tratados nesta xuntanza.

Reunión informativa concentración parcelaria Val-Meirás-Lago

Aviso da convocatoria

Todos os interesados na concentración parcelaria Val-Meirás-Lago II están convocados a unha reunión informativa sobre a toma de posesión provisional das fincas de reemprazo resultantes do acordo de concentración parcelaria.
 
Haberá dúas sesións, o xoves 28 de abril: ás 12:00 horas no local social do Val e ás 16:00 horas na local da AA.VV. de Lago.

Migallas Teatro presenta "Camiño de historias"

A compañía Migallas Teatro porá en escea o domingo 24 a obra "Camiño de historias", dirixida a público familiar. A representación terá lugar no Auditorio de Valdoviño ás seis da tarde, con entrada de balde.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS