A lagoa e o seu entorno protagonizan un documental

O profesor Roberto Fernández vén de rematar o documental Laguna y entorno de Valdoviño, un longo traballo de investigación sobre o ecosistema de A Frouxeira que será presentado no Auditorio Municipal o 22 de xullo. O xornal La Voz de Galicia faise eco deste interesante documental na súa edición do mércores.

Luminarias de San Xoán e San Pedro 2016

Co obxecto de proceder á inscripción neste concello para as luminarias de San Pedro e San Xoán en ámbitos edificados (urbano e núcleo rural), que deberá realizarse no Rexistro Municipal en horario de 9:00 a 14:00 horas, haberá que ter en conta en todo caso as seguintes precaucións:

Unha valdoviñesa gaña o concurso da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil

Traballo gañador

Claudia Sande Bahamonde, de sete anos e veciña de Valdoviño, resultou ganadora no concurso “Adopta un animal de conto” na categoría de primeiros lectores co traballo “O meu gato é un poeta”.

O Concello saca a licitación a reforma da Biblioteca

Coa súa publicación no BOP vén de saír a licitación a reforma de Biblioteca e outros espazos na Casa da Cultura.
 
Toda a información desta obra, incluída no POS 2016, está dispoñible no Perfil de contratante da web: Reforma de Biblioteca e outros na Casa da Cultura (POS 2016).

Inscricións na 1ª Carreira Volta Ás Forcadas

Cartel da proba

Ata o vindeiro xoves está aberto o prazo de inscrición na 1ª Carreira Volta Ás Forcadas, que se celebrará o sábado 18, ás 17:00 horas.
 
A inscrición debe realizarse seguindo as instruccións deste enlace.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS