Aprobada lista de admitidos/as no proceso selectivo da praza de Traballador/a social

Publícase a lista de admitidos/as no proceso selectivo para a provisión con carácter laboral-temporal dunha praza de Traballador/a social e fíxase a data e hora de exame para o vindeiro mércores día 5 de decembro ás 9:30 horas no CPI ATIOS.

Última semana para enviar fotos para o calendario

Esta é a última semana para enviar as fotos para confeccionar o calendario municipal de 2013.
 
Lembramos que todas aquelas persoas interesadas en que a súa fotografía apareza no calendario poden enviar as instantaneas que consideren axeitadas, xunto co nome do autor, ao enderezo de correo web@concellodevaldovino.com ou entregalas nun soporte físico na Casa da Cultura.

O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día contra a Violencia de Xénero

 O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Con este motivo, o persoal de Servizos Sociais sairá ás rúas para falar con veciños e veciñas e fomentar así unha maior sensibilización con este tema. Ademais, haberá un reparto de piruletas e “vales” que simbolicen a importancia de tratarnos con dozura e respecto, clave para establecer unhas relacións positivas de bo trato.

Suspendida a actuación de Mr. Cool

A actuación de "Mr Cool: concerto humor", programada para este domingo 26, queda SUSPENDIDA, pasando a outra data aínda por concretar.
 
A concellería de Cultura descúlpase polas molestias que esta suspensión poida supoñer.

III Xuntanza Solidaria de Nadal- Campaña de recollida de xoguetes

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais e en colaboración este ano coa Asociación de Veciños de Vilarrube, prepara a súa III Xuntanza Solidaria de recollida de xoguetes.
Os xoguetes que se recollan serán distribuidos dende este Departamento entre as familias con maiores necesidades neste próximo Nadal.
A xuntanza celebrarase o día 2 de decembro (domingo) na Casa da Cultura de 16:30 a 18:30 hrs. á que están invitadas todas aquelas persoas/entidades do Concello e arredores que desexen colaborar.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS