Eventos da Feira da Pataca e rifa das carrilanas

Como sabedes este sábado 14 de setembro celebramos a 1ª Festa da Pataca de Valdoviño, momento no que poñeremos en valor que fomos o primeiro lugar de Europa en donde se plantaron as patacas unha vez que foron traídas de América.
 
O longo do día haberá diversos eventos, feirón, actividades para nenos, concurso de tortilla de pataca, música a cargo da orquesta París de Oza, tirolina, xogos tradicionais, homenaxe a deportista de elite do noso concello, etc.
 

XIV Andada a Santo André de Teixido

O Concello de Valdoviño organiza a XIV Andada a Santo André de Teixido para o vindeiro domingo 22 de setembro. Con saída dende A Rocha, percórrense preto de 30 kilómetros polos termos municipais de Valdoviño, Cerdido e Cedeira.
 
As inscricións terán que facerse obrigatoria e presencialmente na Casa da Cultura entre os días mércores 11, xoves 12, venres 13, luns 16, martes 17 e mércores 18 de setembro, en horario de 09:00 a 13:00 horas.
 
Hai límite de prazas, que se cubrirán por orde rigorosa de presentación, debidamente cumprimentada e pagada a cota.

Inauguración da exposición fotográfica Coordenadas 48º 36' 0'' Norte e 8º 7' 59'' Oeste

Ás 20:30 horas deste venres inaugúrase a exposición de fotografía Coordenadas 48º 36' 0'' Norte e 8º 7' 59'' Oeste, dos autores Tomás Morado, Robus Pazos e Javier Bayolo.

Aberta ao público do 6  ao 17 de setembro na sala de exposicións da Casa da Cultura, pódese visitar no seguinte horario:

 
Mañás: horario de biblioteca e sábados de 12:00 a 14:00 horas.
 
Tardes: luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas.

Primeira festa da pataca

1ª Feira da pataca

O feirón mensual de Valdoviño que se celebrará o vindeiro sábado día 14 de setembro estará dedicado a Pataca de Valdoviño.

Segundo indican algúns libros de historia e as redes sociais así o confirman, en Valdoviño foi o primeiro lugar de Europa onde se plantaron, ano 1767, as patacas despois de que foran traidas polos barcos dende o novo mundo. Por este motivo, e para poñer en valor a nosa pataca, o Concello de Valdoviño vai dedicar o Feirón Mensual de setembro a Pataca, a Pataca de Valdoviño.

Feira da pataca: bases do concurso de tortilla

Bases do concurso de tortilla de patacas que se celebrará o vindeiro 14 de setembro, dentro do feirón mensual dedicado á pataca:

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS