Campamentos de verán 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2016 (Campamentos), abrindo o prazo para a súa solicitude, que se poderá realizar ata o 23 de abril.
 
As idades para poderen participar están entre os 9 e 17 anos.
 
Máis información no DOG do 8 de abril.

Servizo de Respiro Familiar FADEMGA FEAPS GALICIA

Servizo de respiro familiar para familias de persoas con discapacidade intelectual.
Máis información:  http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/servizos/atencion-a-familias/respiro-familiar
Contacto: 981519650 ou no mail familias@fademga.org
 

Actividade cultura da fin de semana

"A Música"

Este venres inaugúrase a exposición de óleos de Antonio Quintía Basoa, "A Música", unha mostra que se poderá visitar ata o vindeiro día 29 de abril. Ás 20:00 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.
 
Ademais, este domingo Marta Ortiz presenta "Cores (contos con obxectos de reciclaxe e música)", dentro do programa da Consellería de Cultura Ler conta moito. A representación vai dirixida a público de 4 a 12 anos e ten entrada de balde. Na Casa da Cultura, ás 18:00 horas.

Visita do presidente da Deputación a Valdoviño

Visita ás instalacións do CPI Atios

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e varios membros da corporación municipal recibiron este xoves a visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co obxectivo de darlle a coñecer os problemas existentes na estrada provincial DP2502, que pasa por diante do CPI Atios e chega a Cerdido.
 

Contratación dun administrativo no Grupo de Acción Local

O Grupo de Acción Local A Mariña-Ortegal iniciou o proceso de selección e contratación dun posto de persoal administrativo para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).
 
O Concello de Valdoviño, como integrante do Grupo de Acción Local, divulga esta convocatoria, da que se pode obter toda a información no documento adxunto ou na seguinte ligazón: selección de persoal administrativo.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS