Programa Cultural 2014 e conmemoración do 25 de Novembro "Día para a eliminación da Violencia contra as Mulleres"

Dentro do programa cultural elaborado polo Concello para este mes de novembro, contémplase (en conxunto co Departamento de Servizos Sociais Comunitarios) a celebración do Día para a eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Para expresar o rexeitamento contra dita violencia, o Concello de Valdoviño "Móvese polo bo trato", a través dunha andaina popular urbana que terá lugar o día 30 de Novembro (Domingo) a partir das 12:00 hrs. e que terá como punto de partida e chegada a Casa da Cultura.

V Xuntanza Solidaria de Nadal - Campaña de recollida de Xoguetes

O Concello de Valdoviño, dende os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais, e as Asociacions Vecñais/Culturais do Concello, organizan a V Xuntanza Solidaria de Nadal.
A xuntanza ten como finalidade facer unha recollida selectiva de xoguetes (en bo estado, non violentos e non sexistas) para facer o reparto entre os nenos e nas con maiores necesidades do Concello na época de Nadal.

O CONCELLO DE VALDOVIÑO SUSPENDE TEMPORALMENTE O FEIRÓN MENSUAL

O concello de Valdoviño comunica ós veciños e visitantes que este sábado 8 de novembro non se celebrará o habitual feirón mensual de cada segundo sábado de mes.
 
O motivo da non celebración do feirón é que o pasado venres 31 de outubro tomou posesión da parte privada do espacio que se destina a feirón mensual un novo propietario, unha nova empresa, tras adquirir recientemente o solar.
 
Á maior brevedade posible seguiranse celebrando os feiróns no espacio habitual ubicado na Porta do Sol.
 

Actividades culturais/deportivas

A concellería de Cultura e Deportes oferta aulas de ioga, música, pintura, inglés e tiro con arco, actividades que comezarán no ano 2015 (se hai un grupo mínimo de interesados). A preinscrición pode realizarse ata o 15 de decembro no teléfono 981 487 666 ou na Casa da Cultura.
 
Aula de ioga. Luns e mércores de 20:30 a 22:00 horas. Casa de Cultura. Maiores de 16 anos.
Tiro con arco. Venres de 18:30 a 20:30 horas. A partir de 8 anos e adultos.
Aula de música. Mércores instrumento (batería, guitarra, piano), venres infantil (ata 6 anos).

Cooperamos! Encontro para o intercambio e visibilización de boas prácticas cooperativas

Experiencias cooperativas na túa comarca e en Galicia.
É unha xornada presencial o día 7 de novembro durante a maña e a tarde na Cooperativa do Val (Narón).
Enmárcase dentro do programa de actuación 2014 da REde Eusumo (rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Cª de Traballo e Benestar para o foemento do cooperativismo e a Economía Social).
Máis información: www.comarcaferrolterra.es
dregueiro@ferrol.es ou no tlf. 981944000 - ext.692

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS