Licitación do servizo de limpeza de edificios municipais

O Concello de Valdoviño saca a licitación o servizo de limpeza de diversos edificios municipais. O contrato ten un prazo de execución dun ano (prorrogable por outro máis) e un orzamento anual de 68.365 euros.
 
Os licitadores poderán presentar as súas propostas na Secretaría do Concello, de acordo co establecido no punto 9 do prego de cláusulas que rexen a contratación, no prazo de quince días a contar dende a última publicación no Boletín Oficial da Provincia ou diario de maior tirada.
 

Visita ao director xeral de Administración Local

O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, e o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Bacorelle Robles, desprazáronse o pasado martes 12 de febreiro ata Santiago de Compostela, onde trataron diversos asuntos da xestión municipal.
 
 

Acordo de Goberno no Concello de Valdoviño

Tras varios meses de negociación, os concelleiros electos do Partido Popular (PP), Convergencia Galega (C.G.) e Unidos por Valdoviño (UporV) chegaron a un acordo deGoberno no Concello  de Valdoviño.
 
Os concelleiros destes tres partidos chegan a este acordo de Goberno porque consideran que, dada a situación de crise actual, a unión entre eles é a mellor opción para a gobernabilidade do Concello, para o desenvolvemento do mesmo e para levar adiante proxectos en común que sexan útiles aos veciños.
 

Resultados e nova convocatoria para a praza de operario

Despois da realización do primeiro exercicio da fase da oposición para cubrir unha praza de operario no Concello de Valdoviño, declaranse eliminados os aspirantes que non acadaran os 5 puntos nese primeiro exercicio e convócase aos aspirantes que si o superaron para a realización dun segundo exercicio, que terá lugar o venres 22 de febreiro, ás 10:00 horas, na nave de Lanzós (Lago), debendo ir provistos do DNI ou documento análogo para a súa identificación.
 

Inscrición no Festival de Entroido

O vindeiro sábado 16 de febreiro celébrase o XIIIº Festival de Entroido organizado polo Concello de Valdoviño.
 
As comparsas interesadas en participar deberán inscribirse atendendo ás bases e a folla de inscrición publicadas nesta mesma páxina.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS