A SD Valdoviño abre o prazo de inscrición na súa Escola de Fútbol

Despois de acadar o título de liga de afeccionados de Ferrolterra e ascender a primeira autonómica por primeira vez na súa historia, a SD Valdoviño, no seu afán por continuar medrando pouco a pouco, vén de abrir o prazo de inscrición na súa Escola de Fútbol a todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos que desexen disfrutar do deporte a próxima tempada no novo campo de fútbol de herba artificial do Concello de Valdoviño.
 

A Xunta notifica a concesión dunha achega para a renovación e mellora das instalacións lumínicas nas vivendas de Mourente e Pantín

A Xunta de Galicia vén de notificar ao Concello de Valdoviño a concesión dunha achega por importe de 23.390,33 euros ao abeiro da liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019. Desta cuantía, 10.000 euros destinaranse a financiar gastos de funcionamento e, os 13.390,33 euros restantes, ás obras de renovación e mellora da iluminación pública nas vivendas de Mourente e na pista deportiva anexa á igrexa de Pantín.
 

O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación

Cartaz do Campamento

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán 2018 da Deputación provincial da Coruña. Este ano, ó municipio asignáronlle tres prazas para a quenda do 7 ao 12 de xullo. Así, as persoas interesadas en optar a unha delas, necesariamente empadronadas en Valdoviño, poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral ata o 31 de maio, incluído.
 

As obras de ampliación da estrada da Deputación en Loira obrigan á retirada puntual do alumbrado público

O Concello de Valdoviño informa de que debido ás obras de ampliación da estrada da Deputación en Loira se procederá á retirada puntual da iluminación pública namentras Fenosa non conclúa o retranqueo dos postes. Agardando que sexa pouco tempo, namentras o Concello pide desculpas e precaución á hora de circular tanto aos condutores coma aos peóns aos que se lles lembra a necesidade de portar elementos ou prendas reflectantes.
 

 

Inscrición aberta no Itinerario polos Espazos de Saúde de Ferrol

As persoas interesadas en tomar parte no Itinerario polos Espazos de Saúde de Ferrol, guiado polo profesor Orlando Jara, deben inscribirse na Casa da Cultura de Valdoviño ou chamar ao teléfono 981 48 76 66. De 10 a 14 horas e o prazo remata este venres, incluído.
 
O itinerario, que permitirá percorrer as principais instalacións sanitarias e tamén aqueles espazos que noutrora tiveron este uso, celebrarase este venres 10 de maio con saída do Instituto de Canido ás 17,30 horas.

 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS