O Concello promove o programa “SUMAS?”, de prevención e intervención para a mellora da convivencia nos centros escolares

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha, en colaboración co CPI Atios e o CRA O Esquío, do proxecto SUMAS? Un programa de prevención e intervención para a mellora da convivencia e o adestramento en técnicas e ferramentas máis eficaces na resolución dos conflitos e participación grupal. Para iso, contempla varias liñas de actuación: sesións en aula, creación da equipa SUMA, sesións coas familias e encontros e obradoiros cos docentes.
 

Adxudicadas as obras de construción do aparcadoiro, campo de fútbol de herba artificial e mellora de viais en Meirás

Recreación da intervención

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno Local da adxudicación definitiva das obras de construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás nos terreos cedidos polos veciños da parroquia, así como nos viais municipais. Unha intervención que tamén contempla traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual.

O Concello licita o subministro de casetas de socorrismo e aseos portátiles para as praias de Valdoviño

Recreación instalación

O Concello de Valdoviño vén de sacar a licitación o contrato para o subministro e instalación de casetas para dar servizo aos socorristas e máis aseos portátiles. Emprazaranse naquelas praias do municipio que non dispoñen destas infraestruturas e, segundo explicou o alcalde, Alberto González, con esta iniciativa o Concello evitará cada verán o correspondente desembolso polo aluguer destas instalacións, estimado nuns 10.000 euros anuais. O contrato está en fase de licitación, por un importe de 84.700 euros, e o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 3 de febreiro.

O Concello porá en marcha campañas de control de velocidade en diversos puntos do municipio para tentar previr a siniestralidade

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que a Policía Local emprenderá neste 2020 unha campaña especial de control de velocidade en diversos puntos do termo municipal co ánimo de tentar previr a siniestralidade naqueles máis conflictivos.
 

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres a mostra “Pensar sobre as cousas”

Cartaz da mostra

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres nova exposición baixo o título «Pensar sobre as cousas», un proxecto expositivo itinerante comisariado por Noa e Lara Castro Lema. Ten como base abordar o diálogo que dende o comisariado se pode establecer entre a arte e as artes aplicadas. A través das pezas de barro de Tonio Corral, oleiro en Buño, preténdese dignificar o cotián e falar sobre a utilidade do «inútil». O acto de inauguración terá lugar ás 19,30 horas. 
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS