Enviado por Comunicación a Ven, 29/11/2019 - 13:23
A veciñanza ten este sábado 30 de novembro unha cita na Casa da Cultura. Ás cinco e media da tarde, partirá das instalacións culturais a VI Andada Urbana polo Bo Trato e para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha marcha reinvindicativa incluída na programación deseñada polo Concello de Valdoviño para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.
Enviado por Comunicación a Xov, 28/11/2019 - 16:42
A Xunta de Galicia vén de conceder á Mancomunidade de Concellos de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, dirixido aos concellos de Fene, Ares, Cabanas, Cedeira, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño. A administración autonómica e o Servizo Público de Emprego Estatal financian esta convocatoria, subvencionada con 207.000 euros, dos 230.000 euros do custe total do proxecto. En total ofertaránse 100 prazas para os oito concellos, tal e como recalcaron as concelleiras de Servizos Sociais, Ana Belén Pérez e Pilar Caamaño.
Enviado por Comunicación a Xov, 28/11/2019 - 15:56
«Consolidar o noso territorio como principal destino turístico sostible, favorecendo o desenvolvemento económico e social e sobre a base do respeto polo medio ambiente é un dos obxectivos que está a buscar nos últimos anos o Concello de Valdoviño», consciente, tal e como sinalou esta mañá o alcalde, Alberto González, de que «o noso patrimonio litoral é o mellor polígono industrial do municipio». Nese traballo se enmarcan as I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible organizadas polo Concello co apoio da Deputación provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.
Enviado por Comunicación a Xov, 28/11/2019 - 14:37
A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura exposición este domingo 1 de decembro. Trátase da mostra «Mimenina», dos usuarios e usuarias do CAMF-Ferrol. Unha serie de traballos creativos inspirados nas Meninas de Canido elaborados por persoas con diversidade funcional. Poderá visitarse durante todo o mes en horario de 9 a 14 horas martes e mércores e de 12 a 14 e de 16 a 19 horas de xoves a domingo.
Enviado por Comunicación a Mér, 27/11/2019 - 10:02
O calendario municipal para o 2020 xa ten as súas fotografías de autor. Son Cristina Freire, Esperanza Vázquez, Inés González, Gustavo Lamas, Jacobo Núñez, María Aneiros, Mario Rodríguez, Álvaro Núñez, Carlota Montero, Alberto Valero e María Hermitas Couce. As súas imaxes foron seleccionadas polo Concello para ilustrar o calendario, que se presentará e repartirá gratuítamente nun acto a celebrar o 22 de decembro na Casa da Cultura.