Un cumpreanos un pouco máis alegre para os nenos e nenas de Valdoviño

O Concello de Valdoviño e Protección Civil propuxéronse darlles unha sorpresa e, con sorte, arrincarlles un sorriso a todos os nenos e nenas de Valdoviño que estén de cumpreanos nestes días de confinamento obrigado polo coronavirus. Con esta intención, e a petición dos seus pais e nais, acudirán nesas datas tan sinaladas ata as inmediacións dos seus fogares cos vehículos municipais. Alí, farán soar as sereas e activarán as luces para acompañar o cumpreanos feliz.
 

Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet

Antena do Coval

A instancias do Concello, Movistar completaba no día de onte os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.
 

Gairesa dona ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante

O Concello recepcionou esta mañá o material

A empresa química Gairesa donou esta mañá ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante para distribuír entre os servizos sociosanitarios do municipio.
 
Gairesa, empresa española líder na formulación e fabricación de resinas epoxi, poliuretanos, imprimacións, adhesivos de metacrilato e pinturas acrílicas, con sede en Valdoviño, concentrou nos últimos días a súa producción para facer posible este material, hoxe en día clave como medida de protección contra o coronavirus. Un exemplo de compromiso e solidariedade.
 

Únete ao movemento solidario en Valdoviño para impulsar a fabricación de pantallas faciais con impresoras 3D

Alex Beceiro

Primeiro foi a nivel estatal, logo autonómico e agora a nivel local. En Valdoviño vén de constituírse un grupo de «makers» voluntarios/as unidos/as por un obxectivo común: fabricar pantallas faciais de protección contra o coronavirus a través das impresoras 3D. Un movemento aberto á participación de todas e de todos.

As mulleres da Asociación María del Mar Becerra poñen as súas máquinas de coser a funcionar para confeccionar mascarillas

Charo Guerra, da asociación

«Porque toda axuda é pouca», as socias da Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra puxeron a funcionar as súas máquinas de coser para elaborar mascarillas de protección contra o coronavirus. Charo Guerra, da asociación, explica que queren axudar así nesta difícil situación, e que será o Concello de Valdoviño o encargado de recepcionar o material para o seu posterior reparto entre os servizos sociosanitarios.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS