A Xunta notifica que a calificación das augas das praias de Valdoviño é excelente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de notificar ao Concello de Valdoviño a clasificación sanitaria final da auga das praias para o 2020, que califica de excelente. O informe alude ás seguintes zonas: Baleo, Campelo, Frouxeira, Meirás, Mourillá, Pantín e Vilarrube.
 
A clasificación sanitaria final será vixente para a tempada 2020 e, tal e como recolle a normativa, o Concello informará da mesma aos usuarios/as nas inmediacións dos areais.
 

O Concello de Valdoviño abre o proceso de contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial

Casa consistorial de Valdoviño

O Concello de Valdoviño procederá á contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial de segunda con cargo a unha achega de 43.000 euros procedentes do programa PEL-Concellos da Deputación provincial. Os contratos serán a xornada completa por espazo de 5 meses. Así, as persoas interesadas nas prazas poderán presentar a instancia correspondente no Rexistro Xeral a partir de mañá luns 18 de maio e por espazo de 5 días naturais.
 

Aprobadas exencións no pago da tasa do lixo para empresas e autónomos obrigados ao cese de actividade polo COVID-19

Casa consistorial Valdoviño

Empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19 poderán solicitar unha exención do pago da tasa do servizo de recollida do lixo. Así o aprobou o executivo municipal que preside Alberto González na reunión da Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte. Foi esta unha das medidas anunciadas no último pleno, celebrado a semana pasada.

Aberto o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Preinscrición Aula da Natureza

O Concello abriu este 14 de maio o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. O alcalde, Alberto González, apuntou que as instalacións contan con 20 prazas para nenos e nenas de 4 meses a 3 anos e que as familias interesadas en dispor do servizo deben presentar a súa solicitude e documentación antes do día 30 de maio no Rexistro Xeral –primeira pranta da casa consistorial-.

A Mancomunidade fai un chamamento á responsabilidade da cidadanía para non dar pasos atrás na loita contra a covid-19

Reunión da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta tarde unha reunión telemática na que os representantes dos nove municipios (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) acordaron facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía nesta fase 1 do retorno á normalidade. Os alcaldes piden que se cumpran as medidas establecidas polas autoridades para que non se malogre a tendencia á baixa nos casos de covid-19.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS