Xunta e Concello de Valdoviño dan a coñecer a especial vinculación histórica entre os camiños a Santo André e a Compostela

A Xunta de Galicia e o Concello de Valdoviño danse a man para dar a coñecer a especial vinculación que, ao longo da historia, mantiveron e manteñen o Camiño de Santiago e o Camiño a Santo André, tamén coñecido como camiño francés a Teixido. Será a través dun completo proxecto, titulado «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», deseñado polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo». Incluirá peregrinacións, proxeccións cinematográficas, conferencias e incluso unha viaxe a Santiago de Compostela, esencia e xerme do Xacobeo.
 

Concello e AFAL promoven o curso “Coidar ao coidador” dirixido a familias de persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

O Concello de Valdoviño, en colaboración con AFAL Ferrolterra, promove o curso "Coidar ao coidador". Dirixido a familias coidadoras de persoas afectadas de alzheimer ou outro tipo de demencia, desenvolverase en dúas xornadas, o 3 e 4 de outubro, de 15 a 19 horas. A acción é completamente gratuíta, pero require de inscrición previa e pode formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41).
 

Valdoviño celebra durante todo o fin de semana a súa I Feira Artesanal

Primeira edición da feira

Valdoviño acollerá esta fin de semana a súa primeira Feira Artesanal, baixo a organización da Asociación Mulleres do Rural María del Mar Becerra e coa colaboración do Concello de Valdoviño. Será na céntrica Porta do Sol, na coñecida como explanada de Covacano. A partir das 11 horas, sábado 14 e domingo 15, o público asistente poderá achegarse a unha morea de postos de artesanía. Unha oferta que se complementará con outras actividades lúdicas.

O Concello reedita a Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño celebrará o vindeiro 22 de setembro a cuarta edición da Volta ás Forcadas. Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que as persoas interesadas en anotarse poden formalizar a inscrición na web www.galitiming.com ata o día 19, incluído. O prezo para as categorías sénior é de 4 euros, namentras que para o resto é gratuíta.
 

Arranca o curso na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño coa participación de 14 nenos e nenas

Un total de 14 nenos e nenas iniciaban esta semana o curso na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Esta mañá, o alcalde, Alberto González, visitaba as instalacións, emprazadas na contorna da lagoa e praia da Frouxeira, e informaba de que hai 6 prazas vacantes, co que as familias interesadas neste recurso de conciliación da vida familiar e laboral aínda poden solicitar unha delas no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial).
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS