González Formoso destaca “a dinamización social e económica no rural” que supón a Cooperativa de Vilaboa

O presidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá a Cooperativa de Vilaboa, en Valdoviño, para coñecer de primeira man as actividades que desenvolve esta entidade. Acompañado do alcalde do concello, Alberto González Fernández, o presidente do Consello Reitor, Ángel Caneiro, o xerente da sociedade, José Ameneiros, e os concelleiros Benito Vega e Jessica Sabín, o presidente provincial coñeceu os diferentes servizos que ofrece a cooperativa a esta parroquia.
 

23 concellos da Coruña e de Lugo únense para impulsar o turismo mariñeiro na costa norte de Galicia

Presentación GALP

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (coñecidos polas siglas GALP) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte acaban de unir as súas forzas para impulsar o proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias” que pretende dinamizar a economía da costa norte de Galicia.
 

“Escenarios Paralelos” leva este domingo ó parque da Frouxeira o espectáculo de acrobacias “O que queda por chover”

Duelirium

O parque da praia da Frouxeira será este domingo o novo “Escenario paralelo” da programación cultural do Concello de Valdoviño. Alí terá lugar o espectáculo “O que queda por chover”, a cargo da compañía Duelirium. Protagonizado por dúas acróbatas aéreas, Raquel Oitaven e Mercé Solé, está dirixido a todos os públicos. E, nel, abordarase o curso da vida das mulleres dende os anos novos ata que os fins son chegados. A infancia, a adolescencia e a madurez son puntos polos que transcorre a historia, dende un punto de vista cómico, dinámico e visual.

Valdoviño acolle a presentación do proxecto “Galicia Norte. Mares de Experiencias”

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte presentarán mañá xoves 6 de xullo o proxecto cooperación interterritorial de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”, que ten por obxectivo a creación e promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural de 23 concellos desta zona da nosa comunidade. Será mañá xoves, 6 de xullo, ás 11 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño.
 

O Concello lanza en redes sociais a campaña #ViveValdoviño

As Forcadas

Turismo de Valdoviño convida a veciños e visitantes a mostrar ó mundo o fermoso que é o municipio. Que descubran a través das redes sociais os seus espazos preferidos e outros menos coñecidos. Para iso, anima a todo o mundo a facerse un selfie con Valdoviño como escenario ou ben unha fotografía do espazo elixido e compartilo en Facebook e Twitter co hashtag #ViveValdoviño e o nome do emprazamento elixido. O Concello estará moi pendiente das redes para compartir cada imaxe e animar a que o fagan o resto dos seus seguidores.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS