O CPi Atios participa na Olimpiada de Robótica

O CPI de Atios presentou dous equipos a fase preliminar da WRO (Olimpiada de Robótica) na categoría Regular Junior High que se celebrou no Colexio Compañia de Maria da Coruña.
 
Os equipos son "Mentes Conectadas", formado por Iria Domínguez, Elena Fernández e Helena Gesto, todas de 3° da ESO e "AtiosBot", formado por Raúl Caneiro de 6° de Primaria e Anxo Sanjurjo de 2° da ESO.
 
O equipo "AtiosBot" acadou o primeiro posto e a opción de participar na fase nacional que se celebrará en Barcelona, ademais de 1.500 € para a axuda da viaxe.
 

Puntuacións das licitantes no concurso de socorrismo

A Mesa de contratación do contrato de Servizo de salvamento e socorrismo 2015 reuníuse este xoves 18 para estudar a documentación aportada polas empresas licitantes e facer a puntuación correspondente conforme aos pregos de contratación.
 
Toda a información sobre este procedemento está dispoñible no Perfil de contratante.

Bases para contratación laboral temporal de 18 traballadores/as de limpeza de praias

5 días hábiles dende o día seguinte a este publicación. Do xoves 18 ao martes 23 de Xuño.
Instancias: rexistro xeral do Concello de luns a venres (9-14 horas) e sábados (10 a 13 horas).
Ver bases e modelo de instancia en documentos adxuntos.

Aberta a Oficina de Turismo

Valdoviño inaugura a tempada de verán, coa apertura da Oficina de Turismo. O horario de atención ao público é de 10:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, agás os martes, que está pechado.
 
Os interesados en contactar co persoal xestor deste servizo tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 981 487 673 ou enviando as súas consultas ao enderezo de correo turismo@concellodevaldovino.com.
 

Campionato do Mundo de kayaksurf en Pantín

Cartel do Xtreme Pantín

O Campionato do Mundo de kayaksurf dispútase na praia de Pantín entre os día 29 de xuño e 5 de xullo.
 
Pantín acolle dende 2012 unha proba de kayaksurf, na que se demostrou as condicións perfectas do areal para a práctica deste deporte. Preto de 200 inscritos pelexarán polo título mundial que se pon en xogo neste Xtreme Pantín.
 
A presentación do evento terá lugar o domingo 28 ás 16:00 horas na propia praia de Pantín, comezando a competición na mañá do luns 29.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS