Resultados da contratación dos servizos de limpeza

A Mesa de Contratación do Servizo de limpeza de diversos edificios municipais do Concello de Valdoviño reuníuse na mañá deste venres para dar conta do proceso de licitación do expediente e facer a valoración de ofertas (sobre C: oferta económica).
 
Os resultados da valoración de ofertas e todos os datos desta licitación poden atoparse no perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.

Valdoviño mantén as cinco praias con Bandeira Azul

As Praias de Meirás (O Río), A Frouxeira, Pantín (O Rodo), Baleo e Vilarrube obtiveron un ano máis a Bandeira Azul, galardón que acredita a calidade e servizos dos areais.
 
Precisamente este verán cúmprense vinte anos da primeira consideración da Frouxeira como Bandeira Azul.

Rede Xiana 2

O próximo luns 27 de maio dará comezo a primeira acción formativa ofertada no Proxecto Rede Xiana 2: Apoio na Preparación das Cometencias Clave. É excepción a urxencia desta acción xa que compre levala a cabo con anterioridade á proba libre convocada pola Xunta de Galicia para o mes de xuño).
 
Desta forma, as persoas seleccionadas (dúas por cada Concello) deberán achegarse o día 27 ás 09:00 h. á Sede correspondente, ubicada en Ares.
 
A formación terá lugar ata o 11 de xuño, de luns a venres en horario de mañá.

A II Feira Medieval, do 24 ao 26 de maio

A II Feira Medieval de Valdoviño celebrarase o vindeiro fin de semana, do 24 ao 26 de maio. A organización do evento tivo que cancelar a primeira data prevista debido ás adversas previsións meteorolóxicas.

Inauguración da exposición de tallas en madeira

O vindeiro mércores 15 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración da exposición de “Traballos de tallas en madeira do obradoiro realizado en Valdoviño”.
 
Esta mostra de traballos de talla en madeira ubícase na Sala de Exposicións da Casa da Cultura e estará aberta ata o día 31 de maio, nos seguintes horarios:

  • Mañá: de luns a venres, de 11:00 a 13:00 horas.
  • Tarde: de luns a venres, de 16:00 a 19:00 horas.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS