Abertas as inscricións para o Campionato de España de Surfing 2019

O campionato acollerá aos mellores surfistas españois entre os días 22 e 28 de xuño na praia da Frouxeira con doce títulos nacionais en xogo.
 
O Campionato de España de Surfing, ao que se accede por méritos deportivos, abre o prazo para que todos os deportistas que cumpran os requisitos necesarios poidan confirmar a súa asistencia.
 

Aberto o prazo de inscrición no III Open de Tenis Concello de Valdoviño

O Open celébrase o 2 de xuño

A Concellería de Deportes vén de abrir o prazo de inscrición na terceira edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño, que se disputará o 2 de xuño no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Disputarase en todas as categorías e, para participar, os interesados deberán anotarse chamando ao teléfono 696 84 45 53 ou no correo rubenjustofernandez@gmail.com.

Aberta a inscrición nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

Cartaz das Xornadas

Valdoviño acollerá ás I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a nenos e nenas menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).

 

Exhibición de fin de curso das actividades extraescolares do CPI Atios

Cartaz da exhibición

O pavillón do CPI Atios de Valdoviño acollerá o 29 de maio, a partir das 17 horas, a exhibición de fin de curso das actividades extraescolares organizadas pola ANPA Beiramar e o Concello. Haberá exhibicións de karate, ximnasia rítmica, baloncesto e patinaxe artístico. Así mesmo, a actividade de piscina contará con xornada de portas abertas o venres 31 de maio na piscina de Caranza.

Agader financiará con 53.876 euros o acondicionamento de camiños rurais en Aviño, Lago e Meirás

Segundo resolución comunicada onte pola Xunta, Valdoviño recibirá 53.876 euros do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 de Agader para o acondicionamento de varios camiños nas parroquias de Aviño, Lago e Meirás. Unha achega que o Concello percibirá en dúas anualidades e que permitirá o financiamento do 98,83% das intervencións.
 
Levaranse a cabo no camiño da Espiñuda (Aviño), Muíño (Lago) e Riobó e Cuminos (Meirás).

 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS