Fin de curso dos obradoiros de musicoterapia

Os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos que organizou o Concello e impartiu AFAL nas diferentes parroquias do municipio chegaron esta semana ao seu fin en Pantín e Sequeiro, onde os participantes celebraron sendas festas de fin de curso. Ata alí se desprazaban o alcalde, Alberto González, e os concelleiros Rosana García e Benito Vega, para confirmar a continuidade das actividades de cara ao vindeiro curso.

Exitosa exhibición de fin de curso

Foto de grupo da exhibición

Espectacular. Así foi a exhibición de fin de curso protagonizada polos nenos e nenas que asistiron ao longo do ano ás actividades extraescolares organizadas pola ANPA Beiramar e o Concello. Aquí os tedes, xunto aos seus profes, cos diplomas que acreditan o traballo ben feito. Noraboa a todos!

Concerto dos alumnos e alumnas da Escola de Música Municipal este venres

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este venres, 31 de maio, o Concerto dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música do Concello de Valdoviño. Será a partir das 20 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 
No mesmo, o alumnado amosará o aprendido ao longo do curso na Escola, que o Concello poñía en marcha hai dous anos na parroquia de Sequeiro.

Visita ao Concello da internacional Alicia Fernández, mellor deportista na I Gala do Deporte de Valdoviño

O prometido é débeda e, tal e como avanzara por videoconferencia o pasado mes de abril, na I Gala do Deporte de Valdoviño, a xogadora de balonmán Alicia Fernández Fraga, desprazábase á casa consistorial a semana pasada para agradecer a súa designación como a mellor deportista local no 2019. Era recibida polo alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra.
 

Exhibición de fin de curso das actividades extraescolares do CPI Atios

O pavillón do CPI Atios de Valdoviño acollerá mañá mércores, a partir das 17 horas, a exhibición de fin de curso das actividades extraescolares organizadas pola ANPA Beiramar e o Concello. Haberá exhibicións de karate, ximnasia rítmica, baloncesto e patinaxe artístico. Así mesmo, a actividade de piscina contará con xornada de portas abertas este venres 31 de maio na piscina de Caranza. 

 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS