A Xunta de Goberno Local adxudica o contrato para ampliar a rede de abastecemento de auga en Meirás e Valdoviño e de saneamento en Lago

A Xunta de Goberno Local propuxo a adxudicación a Excavaciones Saavedra do contrato para a ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos das parroquias de Meirás e de Valdoviño, e a de saneamento noutros lugares da de Lago. No seu conxunto, as nove intervencións a realizar suman un orzamento de 162.790 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+2019 da Deputación provincial da Coruña.
 

A Mancomunidade trasladaralle á Axencia de Turismo de Galicia medidas e previsións para o sector

Xuntanza da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta mañá unha reunión telemática na que participaron o presidente e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e os seguintes representantes municipais: Carlos Ladra (Cabana), Pablo Moreda (Cedeira), Juventino Trigo (Fene), Juan Domingo de Deus (Mugardos), Marián Ferreiro (Narón), Ana Rosa Pena (Neda), Alberto González (Valdoviño) e Iván Rivas (segundo representante de Ferrol no pleno).
 

Nota sobre a tramitación de certificados de empadroamento. Medidas urxentes extraordinarias durante o estado de alarma por COVID-19

El Real Decreto-ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19, regula en sus artículos 7 a 16 una moratoria de la deuda hipotecaria para la adquisición de la vivienda habitual de quienes padecen extraordinarias dificultades para atender su pago como consecuencia de la crisis del COVID-19.
 

Os ValdoAntídotos das nenas e nenos, símbolo da loita de Valdoviño contra o coronavirus

ValdoAntídoto

Dende onte á noite, da fachada da casa consistorial colga unha pancarta co símbolo de Valdoviño nesta loita contra o coronavirus. Trátase do primeiro ValdoAntídoto recibido polo Concello, realizado pola veciña Lola Pita Soto, de 11 anos. Un ValdoAntídoto que representa o sentir de unión da xente do municipio e que non precisa de palabras. Alma na mensaxe, esmero no traballo e talento na composición.
 

O Concello poderá destinar os 328.527,51 euros do superávit de 2019 a gasto e investimento en servizos sociais

Alcaldía daba conta no último pleno celebrado a semana pasada do decreto de liquidación do 2019, constatando un superávit de 328.527,51 euros e un remanente de 1.190.464,51 euros. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, informou de que o municipio cumple coas reglas de gasto, estabilidade financiera e periodo medio de pago a proveedores, que no primeiro trimestre do ano foi de 18 días. Que significa na práctica? González explica que o Concello poderá destinar o superávit a gasto social. Máis concretamente, a actuacións sociais necesarias a raíz do estado de alarma xerado polo COVID-19.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS