FCC, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo en Valdoviño, comunicou ao Concello que mañá martes 5 de novembro non se prestará o servizo en virtude do convenio colectivo do sector, que establece como patrón da actividade e festivo o día de San Martiño de Porres. O Concello pide de antemán desculpas polas molestias que a medida poida ocasionar.
Ordear a implantación de campamentos de turismo en solo rústico, como campings e infraestruturas para autocaravanas, e dar maior seguridade xurídica a estas instalacións levou ao Concello de Valdoviño a contratar un estudo para a redacción da modificación puntual do planeamento. Así o explicou o alcalde, Alberto González, para informar a renglón seguido da adxudicación dese estudo. Os resultados darán pé a esa modificación necesaria que deberá seguir, a partir de entón, a tramitación administrativa correspondente.
No marco dos actos deseñados polo Concello de Valdoviño para celebrar este ano o Samaín, o auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo 3 de novembro o concerto titulado «A Casa do Terror», a cargo de Xoán Curiel. A entrada é de balde e libre, ata completar aforo.
O alcalde, Alberto González, anima ás familias de Valdoviño con nenos e nenas no CPI Atios e escolas unitarias do CRA O Esquío a realizar a enquisa que estes días o Concello distribuíu nos centros educativos do municipio cun claro obxectivo: constatar a demanda dun servizo de madrugadores para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais.
Enviado por Comunicación a Xov, 31/10/2019 - 13:40
ACTUALIZACIÓN: ACTIVIDADE TRASLADADA Á CASA DA CULTURA POLA CHOIVA.
A celebración do Samaín que organiza o Concello de Valdoviño este ano arrancará este venres, ás 17,45 horas no vial de acceso ás naves de Cándido Hermida. Dende alí, nenos e nenas e maiores partirán para percorrer o camiño máxico ata o vello igresario de Loira. Nesta liña, o Concello anima ás persoas interesadas en participar en acudir cos seus disfraces, cabazas e candeas.