Aberta a matrícula na Aula da Natureza- Punto de Atención á Infancia

O Concello de Valdoviño abría hoxe, e ata o 15 de xuño, o prazo de matrícula na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Un trámite a realizar nas propias instalacións –sitas na contorna da lagoa da Frouxeira- para todas as familias que realizaron previamente a preinscrición para o próximo curso.
 

Martín Vilar, Iván Pita, Amador García e Luciano Piñón, campións do III Open de Tenis Concello de Valdoviño

O Open de Tenis Concello de Valdoviño disputado no día de onte no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, xa ten gañadores. Así, Martín Vilar proclamouse campión infantil; Iván Pita impúxose na categoría Junior; Amador García, na absoluta, e Luciano Piñón na categoría absoluta nivel 2. De igual xeito, Ainoa Balado resultou subcampiona infantil; Andrea Miranda, subcampiona junior; Néstor Fernández, subcampión absoluto e Fernando Vilar, subcampión absoluto nivel 2.
 

Arjé Teatro trae este domingo a Valdoviño a súa obra “O Veredicto”

Cartaz da obra

Un ano máis, a compañía «Arjé Teatro» do IES Breamo de Pontedeume regresa a Valdoviño para ofrecer a súa última obra: O Veredicto. Será este domingo 2 de xuño no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde.
 

A Casa da Cultura acollerá o sábado a XI Mostra de Teatro Infantil de Valdoviño

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado, 1 de xuño, a XI edición da Mostra de Teatro Infantil Concello de Valdoviño. Será a partir das seis da tarde, con entrada libre e de balde ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración do CPI Atios.
 
Precisamente, o alumnado de 5º curso de Educación Primaria representará a obra A Fraga Abondosa, nunha xornada que pechará a compañía Máis Un, de Fran Rei e Pedro Brandariz, que ofrecerá ao público a función Concerto Magnífico.

Un total de 41 equipos participarán no Torneo de F8 do Meirás CF nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín

O torneo comeza o venres

O Meirás C.F. celebrará dende este venres 31 de maio e ata o domingo 2 de xuño o seu torneo de F8 nas instalacións do Misael Prieto en Meirás.
 
Neste torneo participarán 41 equipos de distintos clubes de Ferrolterra nos que se atopan os equipos prebenxamín, benxamín, alevín A e alevín B do equipo local. O venres 31 de maio pola tarde comezará a competición ca categoría prebenxamín (nenos nados entre 2011 2012), o sábado durante todo o día será o turno dos benxamíns (nenos nados entre 2009-2010) e o domingo, dos alevíns (nenos nados entre 2007-2008).
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS