O Concello abre o prazo de inscrición nas actividades da renovada piscina municipal

Cursos de natación para nen@s e persoas adultas, aquagym e sesións de baño libre son as propostas da programación do Concello de Valdoviño previstas para a piscina municipal emprazada en Lago de cara á época estival. Unha piscina que foi obxecto nas últimas semanas de importantes obras de acondicionamento e reforma, necesarias polos problemas estructurais que presentaba e que obrigaron o ano pasado a trasladar as actividades á piscina da Saíña, tras chegar a un acordo entre Concello e propietarios.
 

O Concello abre a inscrición en OcioSol, a oferta de actividades deportivas para verán

Cartaz do Ocio Sol

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición en OcioSol, a programación de actividades deportivas do Concello de Valdoviño para os meses de verán. Unha programación, engadiu, que se amplía respecto a anos anteriores, aumentando o número de propostas e mantendo a descentralización nas diferentes parroquias. Polo miúdo, avanzou que o Concello ofertará ximnasia de mantenemento en Meirás, Valdoviño (Casa da Cultura e entorno da Frouxeira) e Vilaboa; bailes latinos, baloncesto, fútbol sala e tenis.

Valdoviño celebrará este sábado a XXXII Mostra da Canción Coral

O Auditorio acollerá a Mostra un ano máis

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado 22 de xuño a XXXII edición da Mostra da Canción Coral e Agrupacións Musicais Concello de Valdoviño. Todo un clásico da programación cultural do municipio organizado pola ACR A Frouxeira coa colaboración do Concello, da Deputación provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Arrancará ás 19,30 horas  con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

Os "TOP" nacionais confirman a súa participación no Campionato de España de Surfing 2019

A Frouxeira acolle o campionato

A gran festa do surfing nacional inicia a súa conta atrás para o comezo da competición. A falta de catro días, a praia da Frouxeira prepárase para recibir aos mellores surfistas nacionais no Campionato de España de Surfing 2019.
 
Un total de 12 títulos nacionais en xogo que inclúen as 11 categorías individuais e a competición por seleccións autonómicas. Os días 22 e 23 de xuño disputaranse os títulos individuais nas categorías Open (masculino e feminino), Master e Kneeboard.
 

Encrucillada presentará na Frouxeira “Marbán”, o seu primeiro traballo discográfico

O grupo de música folk «Encrucillada» ofrecerá o vindeiro luns 24 de xuño un concerto único nun entorno único, o paseo da Frouxeira. Alí, nas inmediacións do parque, e a partir das 19 horas, presentará o seu primeiro traballo discográfico, que leva por título «Marbán». Unha actuación programada polo Concello de Valdoviño e incluída na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS