O Concello de Valdoviño, en FITUR

Un ano máis, o alcalde, Alberto González, desprazouse a FITUR xunto á concelleira de Turismo, Rosana García, e o edil de Deportes, Sergio Saavedra, para manter diversos encontros e xuntanzas con operadores nacionais e representantes doutras administracións públicas coas que entablar proxectos comúns de promoción turística.
 

O Concello promove unha xornada entre empresas e autónomos locais para impulsar sinerxias e novas oportunidades de negocio

Cartaz xornada

O Concello de Valdoviño organiza unha xornada dirixida a empresas e persoas autónomas do municipio co ánimo de dar a coñecer os seus servizos e establecer redes de colaboración. Celebrarase o xoves 20 de febreiro ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Aberta a todos os sectores económicos, as firmas e autónomos interesados en tomar parte deben formalizar a súa inscrición no seguinte enlace http://bit.ly/xornadaempresas antes do 14 de febreiro.
 

O Concello abre o prazo de inscrición no novo programa “Concilia Mañás!”

Cartaz de Concilia Mañás

O alcalde, Alberto González, anunciou esta mañá que o Concello poñerá en marcha o programa «Concilia mañás!», un servizo de conciliación da vida laboral e familiar e almorzos que se vai a levar a cabo nas instalacións do CPI Atios de luns a venres de 8 a 9,30 horas. Mañá xoves 23 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición no programa, dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. A intención do Concello, segundo o alcalde, é manter ese prazo aberto ata o 30 de xaneiro, de modo que o servizo se poida activar xa en febreiro.

O Concello tramita as solicitudes para optar ao pagamento único por fill@s menores de 3 anos

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais Comunitarios, vén de informar da apertura do prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse do pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. Así, as persoas interesadas en anotarse a este programa poden dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial-, onde recibirán a información necesaria sobre a documentación a entregar e, ademáis, as técnicas municipais encargaranse de tramitar as solicitudes.
 

O Concello pon en marcha nos centros educativos a Biblioteca “Ser e contar”

Espazo Ser e contar

O Concello de Valdoviño vén de poñer en marcha a biblioteca «Ser e contar». Integrada por publicacións centradas na igualdade, a diversidade persoal e a educación emocional, os/as seus/úas principais destinatarios/as son a comunidade educativa –docentes e alumnado- e pretende facerse un oco tanto no CPI Atios como nas escolas unitarias do CRA O Esquío. A intención do Concello é poñer á súa disposición unha serie de libros que facilitan a formación neste campo e constitúen útiles ferramentas coas que traballar nas aulas valores tal que a igualdade e a diversidade.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS