A área recreativa de Atios acollerá este sábado a función de narración oral e música “Barrococó” de Rilo&Penadique

A área recreativa de Atios será escenario este sábado 18 de xullo da función «Barrococó -un achegamento a Domingo de Andrade». A cita dará comezo ás 21 horas e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. As persoas interesadas en participar poden retirar as súas invitacións na Oficina Municipal de Turismo hoxe martes e mércores de 11 a 17 h e o xoves de 11 a 14 horas.
 

A Mancomunidade licitará este mes o novo contrato do servizo de atención temperá para nenos e nenas

Pleno da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta mañá no pazo municipal o pleno deste mes. Nesta xuntanza, os representantes dos municipios que integran o organismo —Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño— avanzaron no novo expediente de contratación do servizo de Atención Temperá, que presta o organismo a través dun convenio coa Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps). O novo contrato terá unha duración dun ano prorrogable outro máis e está previsto que saia a licitación ao longo deste mes de xullo.
 

Sesión de cine nocturno este xoves en Pantín co filme “Tomb Raider”

Cine de verán en Pantín

O ciclo de cine de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves coa proxección do filme «Tomb Raider». Será na pista polideportiva de Pantín, a partir das 22,45 horas. Iso si, en caso de choiva, o pase trasladaríase á Casa da Cultura. A entrada é gratuíta, pero precísase retirar invitación -por cuestión de aforo-.
 

Presentación este martes en Vilaboa da publicación “Historias de Vida”

Cartaz da iniciativa

O Concello de Valdoviño acollerá o vindeiro martes 14 de xullo a presentación da publicación «Espadela: escola de empoderamento para mulleres do medio rural. Historias de Vida ». Será a partir das 19 horas a modo de conversa coas persoas asistentes, nun percorrido que partirá da antiga escola unitaria de Vilaboa para acadar o encoro das Forcadas. Para asistir é preciso inscribirse previamente no teléfono de Servizos Sociais: 981 48 70 41 extensión 5.

Marián Ferreiro e Alberto González asinaron un convenio a través do que Narón implantará o servizo de saneamento en vivendas limítrofes de Valdoviño

Sinatura do convenio

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, asinaron esta mañá no Concello naronés un convenio de colaboración entre ambas administracións para a prestación material do servizo de evacuación e tratamento das augas residuais nun núcleo de vivendas ubicadas en Valdoviño, nas proximidades dos límites territoriais fixados entre os dous concellos. Ferreiro indicou que a empresa mixta concesionaria deste servizo na cidade, Cosma, prestará o servizo aos propietarios e propietarias desas vivendas situadas no termo municipal limítrofe de Valdoviño.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS