Excursión a Valdoviño para coñecer o seu Museo do Surf d@s nen@s dos campamentos municipais de Guitiriz

O Concello de Guitiriz elixiu Valdoviño este ano para realizar as primeiras excursións dos seus campamentos deportivos de verán nos que participan uns 40 mozos e mozas da localidade. E esta semana o técnico municipal Manuel Martínez desprazábase ao noso municipio cos rapaces e rapazas en dúas quendas. O pasado luns coñecían e disfrutaban da praia da Frouxeira pola mañá e trasladábanse a Vilarrube pola tarde para practicar paddle surf. Unha experiencia única para os nenos e nenas.
 

O Concello activa A Frouxeira, Praia Accesible, un servizo para favorecer o uso e desfrute do areal para persoas con mobilidade reducida

A Frouxeira Praia Accesible

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Asociación Aprende a Voar, activaba esta tarde o programa «A Frouxeira Praia Accesible». O alcalde, Alberto González, explicaba que se trata dun servizo municipal gratuíto que permitirá ás persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas desprazarse sen axuda polo areal e tamén entrar na auga. Será, como subliñou o representante de Aprende a Voar, a través do préstamo de 2 cadeiras autopropulsadas e un manta que facilita o acceso ao areal e o deslizamento das mesmas.
 

Valdoviño conta cunhas 2.700 prazas de estacionamento nas inmediacións das súas praias, das que 750 reservaranse a veciñ@s

Socorristas a pé de praia

O Concello de Valdoviño conta con preto de 2.700 prazas de estacionamento para dar servizo aos usuarios e usuarias das súas praias principais. Desa cifra total, unhas 750 estarán reservadas para uso das persoas empadroadas no Concello e tamén traballadoras e traballadores ligados ao mar e aos areais, tal que mariscadoras, percebeiros ou persoal dos establecementos de hostalería situados a pé de praia. Na práctica, estes últimos poderán estacionar nesas zonas ou nas de uso libre.

Inscrición aberta no programa autonómico "Coñece Galicia" para nenas e nenos de 10 a 14 anos

Aberta a inscrición no programa autonómico “Coñece Galicia” dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude. Unha iniciativa lúdico formativa para desenvolver en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de 5 días, de luns a venres, que sirva tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

O Concello suma ioga e bailes latinos á súa oferta deportiva de verán OcioSol

Bailes latinos e ioga

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que o Concello sumará á súa oferta deportiva de verán, OcioSol, dúas novas actividades: ioga e bailes latinos. Así, as persoas interesadas en anotarse poden facelo xa a través do correo electrónico deportes@concellodevaldovino.com ou na casa consistorial -a ficha pode descargarse da web municipal: http://www.concellodevaldovino.com/?q=gl/node/4194-.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS