Enviado por Comunicación a Sáb, 14/04/2018 - 12:19
A partir deste mércores, a veciñanza poderá acceder a este servizo en horario de 10 a 12 e de 16,30 a 18,30 h de luns a venres
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de informar que a Aula Municipal de Informática abrirá as súas portas no Centro Sociocomunitario a partir deste mércores, 18 de abril. A partir de entón, o horario de primavera será polas mañás de 10 a 12 h e polas tardes de 16,30 a 18,30 h, de luns a venres. Durante ese tempo, a veciñanza poderá acceder ós equipos informáticos e Internet para realizar as súas consultas e xestións.
Enviado por Comunicación a Ven, 13/04/2018 - 11:59
“Se nos educades iguais, seremos iguais”. Foi a mensaxe coa que esta mañá remataban as alumnas e alumnos do 5º curso A de Educación Primaria do CPI Atios a súa participación no programa “Lecturas compartidas fóra do centro” que impulsa o colexio en colaboración co Concello. Xunto ós seus mestres Dolores, Cristina e Luis, desprazábanse ó local social de Pantín para manter unha xuntanza cos veciños e veciñas.
Enviado por Comunicación a Ven, 13/04/2018 - 10:14
Veciños e veciñas de todas as idades están convocadas mañá sábado polo Concello de Valdoviño para debuxar e pintar as paisaxes máis fermosas do municipio. Unha iniciativa que promove a Concellería de Cultura por segundo ano consecutivo e tras colleitar un notable éxito de participación en 2017. Tamén repite o guía desta particular expedición, e de novo será o pintor lucense aficando en Valdoviño Manuel Carballeira.
Enviado por Comunicación a Xov, 12/04/2018 - 10:38
A exposición integrada pola colección privada de táboas de Enrique Artero despedirase este venres do Océano Surf Museo de Valdoviño. Foi a primeira mostra temporal destas instalacións únicas en toda España e, como broche de ouro, o Concello promove mañá un acto de clausura moi especial. Ás 19 horas, o propio Enrique Artero guiará unha visita á exposición na que repasará a historia particular de cada unha das táboas.