O Concello inviste 120.000 euros no servizo de socorrismo das praias

As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello fai un especial esforzo inversor, destinando unha partida que alcanza os 120.000 euros. Son 22 os/as profesionais que velarán pola seguridade nos principais areais do municipio en canto a afluencia de bañistas: A Frouxeira, Pantín, O Río, Baleo e Vilarrube. Permanecerán a pé de praia de 12,30 a 19,30 horas e haberá dúas persoas encargadas de organizar o servizo.
 

O Concello condea en pleno os ataques vandálicos contra o mobiliario urbano, propiedades privadas e espazos naturais

Como concello aberto, democrático e de entendemento entre todas as sensibilidades políticas, o pleno do Concello de Valdoviño acordou no día de onte aprobar unha declaración institucional de condea ante a oleada de ataques vandálicos rexistrados nas últimas semanas en mobiliario urbano, propiedades privadas e incluso espazos naturais da localidade. Especialmente pintadas que, estes días, se concentran en espazos destinados á propaganda electoral.
 
Ante esta situación, o Concello procederá a tramitar a correspondente denuncia ante os órganos competentes.  
 

Arranca o curso sobre voluntariado incluído no Programa Mellora

Primeira sesión do curso de voluntariado

Un total de 12 veciñas e veciños iniciaban onte á tarde, na Casa da Cultura, o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos». A segunda acción formativa do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego no que as persoas que se viron afectadas laboralmente pola COVID-19 teñen participación gratuíta -10 euros para o resto-.
 

Arrancan en Pantín e Aviño os campamentos de verán do Concello

Concilia Tempos en Aviño

Un total de 11 nenas e nenas de entre 3 e 5 anos e 20 nenas e nenos de 6 a 14 participan dende onte en Aviño e Pantín nos campamentos de verán Concilia Tempos. Un programa impulsado pola Concellería de Servizos Sociais de Valdoviño co ánimo de favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos nenos e nenas por parte das familias.
 

O Concello de Valdoviño aproba a adxudicación provisional da redacción do Plan Xeral de Urbanismo

Concello de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da adxudicación provisional da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento mestre que marcará as liñas urbanísticas no futuro do noso municipio. Lembrou que o Concello viuse obrigado a sacar a concurso a redacción do plan despois de que a anterior empresa adxudicataria entrase en concurso de acreedores, renunciando ao mesmo e retrasando o proceso. Unha situación que non paralizou a actividade dende o punto de vista da planificación urbanística.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS