O Concello organiza este domingo a IV Andada Urbana para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O Concello de Valdoviño convoca, por cuarto ano consecutivo, a Andada Urbana para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha marcha reinvindicativa coa que a Administración local conmemorará o Día contra a Violencia de Xénero. Celebrarase este domingo, 26 de novembro, e a diferencia doutros anos desenvolverase en horario de tarde para facilitar a asistencia. Así, sairá da Casa da Cultura ás 17 horas para iniciar un percorrido ata o entorno da praia e lagoa da Frouxeira.

Operarios municipais levan a cabo diversas obras de mellora no CPI Atios

Actuación no peche perimetral

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Obras, vén de realizar nos últimos meses unha serie de obras de mellora nas instalacións do CPI Atios. Todas elas, a petición do centro educativo e con persoal propio. A última, a instalación dunha cuberta no portalón de acceso ó pavillón que permite ás familias resgardarse da choiva namentras esperan a saída dos seus fillos e fillas. Previamente, tal e como explica o edil de área, Benito Vega, o Concello procedeu á renovación do chan da Biblioteca escolar.

O Concello inviste máis de 23.000 euros na incorporación de LEDs ó alumeado público

O Concello de Valdoviño procederá á renovación do alumeado público na zona do Carballal e Avenida Areeiros –ata a igrexa de Santa Eulalia- por outro LED de baixo consumo. Unha intervención orzamentada en 23.159,40 euros coa que se pretende un triple obxectivo: protección do medio ambiente; menor consumo e por tanto unha rebaixa na factura eléctrica, e mellora da iluminación dos viais para a circulación de peóns e vehículos.

O Concello convoca xuntanzas veciñais en todas as parroquias de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello levará a cabo unha serie de xuntanzas veciñais en todas e cada unha das parroquias do municipio. Os encontros comezarán esta semana e a eles asistirán os concelleiros e concelleiras das diferentes áreas, además do rexidor, co obxectivo de recabar as propostas da veciñanza e coñecer as queixas sobre os servizos e proxectos municipais. Unha medida, engadiu o alcalde, coa que facilitar a participación cidadá na xestión do día a día do Concello.
 

Unha veintena de mulleres toman parte no curso gratuíto de defensa persoal que promove o Concello de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, presentou a actividade
Momento da acción formativa

Unha veintena de mulleres de Valdoviño e doutros municipios limítrofes iniciaron onte á tarde o curso de defensa persoal e autocapacidades que impulsa o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, no local veciñal de Lago. A acción formativa está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e inclúese na programación municipal deseñada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS