Arrancan as obras de mellora da accesibilidade e arranxo dos piares exteriores do centro de saúde

Continúan as obras de mellora e reforma do centro de saúde de Valdoviño impulsadas por Concello e Consellería de Sanidade para ofrecer un mellor servizo e atención á veciñanza. Así, cun orzamento de 54.000 euros, o alcalde, Alberto González, sinala que esta semana arrancaban os traballos para mellorar a accesibilidade exterior do inmoble mediante a construción dunha rampa e dunha plataforma na entrada, de modo que esta esté a partir de entón a nivel coa beirarrúa. Facilitarase así a mobilidade das persoas en cadeira de rodas e con carriños de bebé, pero tamén da poboación en xeral.

Concello e movemento asociativo celebran a IX Xuntanza Solidaria de Nadal este domingo

Os Rockenstein

Un ano máis, e xa van nove, Concello e entidades veciñais e culturais do municipio unen esforzos na organización da Xuntanza Solidaria de Nadal. Unha cita coa que se busca recadar xoguetes para aquelas familias con menos recursos de Valdoviño. Celebrarase este domingo 16 de decembro, a partir das 16,30 horas, na Casa da Cultura. En lugar de entrada, a veciñanza pode poñer o seu graniño nesta causa solidaria entregando o seu donativo, da cuantía que considere.

O Concello colabora con Protección Civil coa sinatura dun convenio que establece unha achega anual de 10.000 euros

O alcalde, Alberto González, e o responsable da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello de Valdoviño colabora coa actividade da agrupación cunha achega de 10.000 euros. Unha labor importante e fundamental, segundo destacou o rexidor, que se ten tornado en imprescindible nos últimos tempos coa súa incesante tarefa para combatir a vespa velutina no municipio.
 

Valdoviño celebra este sábado a II edición do Festival de Panxoliñas

A coral de Valdoviño

Por segundo ano consecutivo, Valdoviño celebrará o seu Festival de Panxoliñas. Terá lugar este sábado, 15 de decembro, no auditorio municipal da Casa da Cultura. Dará comezo ás 18 horas e a entrada é libre e gratuíta.
 
O certame musical, co que Valdoviño dá a benvida ó Nadal, estará presentado pola profesora Eva Robles, directiva da asociación A Frouxeira, e nel participarán as corais Agarimo de Sillobre, do concello veciño de Fene, e Lembranzas da Terra, de Valdoviño.
 
A cita está organizada pola coral local e conta coa colaboración do Concello de Valdoviño.

I Recital de Nadal este venres dos alumnos e alumnas da Escola de Música

O auditorio municipal da Casa da Cultura será escenario este venres, 14 de decembro, dun concerto de Nadal moi especial, protagonizado polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. No mesmo, amosarán o aprendido ó longo destes últimos meses nas clases de música e movemento para nenos e nenas de 3 a 5 anos, guitarra, piano, batería e canto. Clases que se celebran cada semana na antiga escola unitaria da Carreira, emprazada en Sequeiro. Todos eles interpretarán cancións infantís tradicionais.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS