Deputación e Concello de Valdoviño analizan o trazado da Senda dos Faros no municipio

Técnicos da Deputación da Coruña reuníronse en Valdoviño co alcalde da localidade, Alberto González, para analizar os detalles do tramo da Senda dos Faros que discorerrá polo municipio. Na xuntanza tamén estiveron presentes o concelleiro de Obras, Alejandro García, e o arquitecto municipal Carlos Abeledo.
 

Concello e Xunta avanzan nas xestións para dar resposta ás necesidades de transporte dos estudantes aos institutos de Ferrol e Narón

Concello e Xunta de Galicia avanzan nas xestións coas que dar resposta ás necesidades de transporte dos alumnos e alumnas que cursan os seus estudos de Bacharelato nos institutos das cidades de Ferrol e Narón. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, explicou que a conexión entre Valdoviño e os centros educativos, con frecuencias adaptadas aos horarios lectivos, foi unha das demandas trasladadas polo Concello ao novo plan de transporte metropolitano deseñado pola Xunta.

A oferta deportiva do Concello para este curso inclúe ximnasia nas parroquias, zumba, bailes latinos, tiro con arco e tenis

Aberto o prazo de inscrición

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, volve a apostar pola descentralización das actividades deportivas nas diferentes parroquias, e de aí que este ano volva a programar as clases de ximnasia en Meirás, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube. Así mesmo, a programación municipal deportiva para este curso, segundo informou o concelleiro de área, Sergio Saavedra, inclúe tamén clases de zumba en Vilarrube; tiro con arco e tenis (para persoas adultas, junior e nenos/as) en Meirás e bailes latinos en Valdoviño.
 

Preto de 200 persoas tomarán parte este domingo na IV Volta ás Forcadas

Un total de 192 persoas de todas as idades tomarán parte este domingo na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas que organiza o Concello de Valdoviño a través da Concellería de Deportes. Unha carreira coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. E todo isto nunha paraxe natural única como é o encoro das Forcadas.
 
 

O Concello abre a inscrición nas actividades extraescolares do CPI Atios

O Concello de Valdoviño, a través das Concellerías de Cultura e de Deportes, asume de novo a organización das actividades extraescolares do CPI Atios a instancias da ANPA Beiramar. Así, mañá venres abrirase o prazo de inscrición nas seguintes actividades: ximnasia rítmica, psicomotricidade, multideporte, karate I e II, piscina, patinaxe e patinaxe artística.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS